lunes, noviembre 30, 2009

CONTAESCOLAS


1ª Sesión do programa de
Animación á lectura que
rematará cunha xuntanza dos
participantes o Día do Libro
no auditorio de Monteporreiro.




viernes, noviembre 27, 2009

SALÓN DO LIBRO. A CIDADE























Xa estamos traballando
para participar no Salón.
Nós que vivimos na aldea,
estamos aprendendo moito da cidade.


En Decembro para aprender máis,
visitaremos Pontevedra.
Hoxe o alcalde na súa visita a Verducido
invitounos a visita-la casa do Concello,
que é a casa de tódolos cidadáns.

VISITA DO ALCALDE A VERDUCIDO

Hoxe o alcalde de Pontevedra
visitou Verducido.
O alcalde estivo tamén no colexio
e baixouse a falar cos nenos e nenas
contestando as súas preguntas.



jueves, noviembre 26, 2009

SOMOS COMENIUS


COMENIUS




Os nosos socios no proxecto enviaron
agasallos para nós: doces e folletos dos seus paises, e para a horta sementes.
De Eslovenia mandaron
un conto sobre a lenda
do dragón que aparece
no escudo.

A HORTA ECOLÓXICA E A ALIMENTACIÓN




Presentación á Comunidade Educativa
do noso proxecto Comenius:
"A horta ecolóxica e a alimentación" .
Eslovenia, Finlandia, Italia e Turquía
son os países que comparten con nos
este proxecto.
A finais de Outubro,dous profes viaxaron
a Eslovenia e hoxe a "teacher" nos fixo
a presentación do que alí viviron.

viernes, noviembre 20, 2009

miércoles, noviembre 18, 2009

SEMANA DA CIENCIA/ A HORTA

ENCONTRO CON ANTONIO DE RON


CIENTIFICO DA MISIÓN BIOLÓXICA
- Relación entre o que plantamos
e o que comemos.
Aprendimos:
-Relación do traballo dun cientifico
coa nosa horta.
Estudian as plantas que mellor que
mellor se dan nesta zona.
Trouxonos semente de chícharos
para pienso para plantar nesta época.
Tamén para plantar na primavera
xudia ollo de pita, unha variedade
desta zona.

domingo, noviembre 15, 2009

OS CONTOS DO CAMIÑO

Sesión de "Contos no Camiño"
actividades do Xacobeo para escolares
desenvolvidas por OQO Editora.

Os peregrinos, no seu camiñar,
traían consigo a lingua, a cultura,
a palabra do seu lugar de orixe;
e coa palabra viaxaron os contos...
Eva, na súa andaina polo Camiño
Portugués, achegoulleaos nenos e nenas
da escola de Verducido estes contos:
"Pedra, pau e palla"
" A bruxa regañadentes".
Con música e imaxes...
Participamos na formación dun camiño
con tódolos participantes que, ao remate
das actividades, se exporá no
Museo do Pobo Galego en Compostela.

lunes, noviembre 09, 2009

FESTA DO OUTONO

SAMAIN- HALLOWEEN





A festa dos calacús tamén se celebra
nos paises anglosaxóns según lles
contou a "teacher"aos cativos e
visitaron á bruxa decindo: "trick or treat....",
conseguindo algo moi rico pese a que a receta era
asquerosa según dixo a bruxa:
baba de caracol e cuspe de sapo.

FESTA DO OUTONO




XOGOS POPULARES

FESTA DO OUTONO


MAGOSTO

Coa colaboración das nais

"castañeiras"non faltaron

na festa do outono deliciosas

castañas moi ben asadas.

FESTA DO OUTONO



" Froitas cos cinco sentidos"