viernes, diciembre 28, 2007

martes, diciembre 25, 2007

MUSEO DO MAR



O Venres 21, na Festa de Ndal, inuguramos o Museo do Mar.
No Museo, expoñemos os fondos recollidos nas nosas experiencias sobre o traballo do mar dos últimos meses.

lunes, diciembre 24, 2007

PAPÁ NÖEL

A pesares de agardar a súa vista, o son da campaíña de Papa Nöel provocou unha mezcla de ledicia e confusión antes de saír ao seu encontro. Os maiores afirmaban nerviosos non ter medo e algún pqueno non sabia se rir ou chorar pero non houbo ningún que non quixera estar presente neste fántastico encontro ( máis cerca ou máis lonxe...iso si)

domingo, diciembre 23, 2007

FESTA DE NADAL




Celebramos os aniversarios dos nenos/as que fixeron os anos este trimestre.
Previamente os seus compañeiros/as fixeronlles un agasallo para entregarlles este día: desta vez foi un bote con sal tinxido de cores.

sábado, diciembre 22, 2007

FESTA DE NADAL



Na festa de Nadal, como sempre, merenda saudable, chocolate con rosca e biscoitos, ¡mmm! algúns caseiros, feitos polas nais e avóas. Bo proveito.

jueves, diciembre 20, 2007

FESTA DE NADAL



Venres, 21 de Decembro, a partires das 12.

- Merendaremos chocolate con rosca e biscoito, preparado polas mamás.

- Celebramos os aniversarios deste trimestre. Xa están preparados os agasallos. Non digades nada que é sorpresa.

- Contaremos coa presencia de Papa Nöel na festa. A quen lle podedes facer entrega da carta.

martes, diciembre 18, 2007

CONCURSO DE DEBUXO

O Noso compañeiro Darío, acadou o 1º premio no concurso de debuxo do Programa de interculturalidade no ámbito escolar.

viernes, noviembre 30, 2007

OS AMIGOS CONTAN



Tamén hai biblioteca no barco no que foi a profe.

OS AMIGOS CONTAN


A profe Dory, contoulles a súa viaxe en barco polo mar mediterráneo.Estaban interesadisimos nese barco tan grande que tiña ata piscina...

jueves, noviembre 29, 2007

SALÓN DO LIBRO

En canto é posible, os nenos e nenas póñense tamén mans a obra. teñen moita ilusión por ir visitar a Orbil.

lunes, noviembre 26, 2007

NOVAS TECNOLOXÍAS

Nas aulas de Educación Infantil, hai un ordenador en cada aula con conexión a internet.
Na aula de 1º ciclo de primaria hai dous.
O ordenador na aula, é unha ferramenta máis de traballo, para pintar, escribir textos, tratar imaxes ou buscar información.

domingo, noviembre 25, 2007

XARDIN SECO

A fonte funciona con enerxía solar.

No xardin seco está a pegada dun pé en pedra.
Os nenos/as aventuran que é dun xigante e a pegada do outro pé esta enriba do tellado.

XARDIN SECO


Xa temos flores. Cando salen son de cor rosa e mudan a brancas despois.

sábado, noviembre 24, 2007

PINTAMOS O XARDIN SECO


Saimos fora e pintamos o xardin seco. A planta con flor e o pé e o que máis áparece nas súas produccións.

KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE



Esta carreira a gañan os nenos e nenas do Congo, gracias o esforzo deles.son pequenos, e non é doado aprender esta lección.
Son pequenos pero descubriron que hai nenos/as que non disfrutan dos dereitos que se supón tódolos nenos e nenas deberían ter.
Descubriron tamén que son afortunados e que poden poñer o seu gran de area para facer un mundo mellor

viernes, noviembre 23, 2007

KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE



Este curso celebramos o Día dos Dereitos dos nenos/as, participando na campaña de Save the Children polos nenos/as da República Democrática do Congo.

lunes, noviembre 19, 2007

O TESOURO DO MAR


Despois da saida do sábado a Corrubedo, os nenos e nenas que foron, contanllo aos seus compañeiros/as, reunidos na biblioteca da escola en torno ao tesouro que recolleron.
Destacaron:
- O pasaron moi ben.
- Nunha bolsa recolleron o lixo para que os bichiños non morran ao comelo e os que pasean polo Parque Natural non morran de noxo.
-As plantas en lugar de collelas, pedian que se fixeran fotos para levalas a escola. Lembraban un montón.
- Recolleron algunhas cunchas, das que habia moitas para poder facer un museo na escola

viernes, noviembre 16, 2007

OS AMIGOS CONTAN

Mari Chus inaugurou o proxecto. Veu contar un conto de outono. Presentouse co seu candil,o ferro e a xaula co coello e contoulles cousas dos tempos de maricastaña.
De forma maravillosa leulles o conto " O Señor mago e a folla". E unha xoia esta Mari Chus, cuxa identidade despertou moita curiosidade...
Comezamos con bo pé.

miércoles, noviembre 14, 2007

PINTAMOS O OUTONO



Temos o outono no patio: ao carballo, bidueiro, freixo, estanlle cambiando as follas de cor ,e hai moitas follas polo chan...

martes, noviembre 13, 2007

CONTAESCOLAS

ATENCIÓN. Primeira sesión de Contaescolas en Verducido.




Grandes e pequenos participan entusiasmados nas propostas de María Campos.

lunes, noviembre 12, 2007