miércoles, noviembre 24, 2021

POR 4 ESQUINIÑAS

 Bo día a todas e todos, hoxe déixovos esta adaptación do conto "Por catro esquiniñas de nada", do autor Jérôme Ruiller, feita por nenas e nenos de educación infantil. 

Por catro esquiniñas é unha historia que fala de aceptación, de superación e de autoestima. Espero que vos guste. :)



As emocións forman parte da nosa vida, as persoas somos razón e emoción; polo tanto, sentir e expresar sentimentos é algo natural coma seres humanos que somos.

O primeiro achegamento do neno as emocións  ten que ver co mundo do gusto e do disgusto. Nas primeiras etapas, a expresión da emoción é brusca, limpia e tosca, en forma de llanto ou outras manifestacións pouco perfeccionadas. As figuras parentales son o espello de proxección de ditas emocións, e son, ademáis, a fonte da satisfacción (ou non) das necesidades do neno. Esto nos indica que tanto os pais coma os educadores debemos comprender as súas emocións e debemos axudalos a expresalas correctamente.

Afrontar esta labor de manera concreta parece difícil, pois cada neno e cada momento son distintos. No obstante, a través de contos como este, podemos recrear situacións que axuden os nenos a comprender emocións e sentimentos propios e alleos. e aprender así, a vivilos e expresalos con naturalidade.

¿Qué emocións recoñecedes neste conto?

¿Qué figuras xeométricas aparecen no conto?

¿Coñeces algunha máis?

Fai un debuxo que represente algunha escea do conto.



A continuación tendes unhas imaxes relacionadas con determinadas emocións. Observa coidadosamente cada imaxe para recoñecela emoción que reflexa as expresións faciais e corporais das persoas presentes.


¿Qué expresa a cara?

¿Cómo ves o corpo?

¿Por qué estará sentindo o que sinte? (describe a situación, inventa o que crees que lle sucedeu)

¿Qué estará pensando? (imaxina e inventa o que esa persoa estará pensando nese intre)






Aproveitando que estamos traballando as grafías dos nomes... ¿recoñeces algún nome dos créditos do final do audio conto?





Para finalizar, aproveitando que os protagonistas do conto son figuras xeométricas, plantéxovos facer un debuxo no que se represente o noso entorno con figuras xeométricas, coma o que deixo de exemplo. Por certo, non olvidedes colorear e poñelo nome. 








No hay comentarios: