miércoles, febrero 27, 2013

SALÓN DO LIBRO : "A toda máquina"


.O Robot contacontos despediuse dos nenos e nenas antes de partir, A toda máquina!!!!,  para participar no Salón do Libro.
Este ano o noso libro ten o formato dun kamishikai!!!!!


SALÓN DO LIBRO

Inauguración
XIV Salón do Libro - "A toda máquina!"sábado 2 de marzo ás 11:30 horas
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: de balde
Máis información en www.salondolibro.org , Facebook e Twitter
O Concello de Pontevedra ten o pracer de convidar a vostede ao acto
 de inauguración do XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
"A toda máquina!"
que se celebrará o próximo sábado 2 de marzo de 2013 ás 11.30 horas,
no Auditorio do Pazo da Cultura conducido polo alumnado da Aula Folque Infantil.
A continuación Pavís-Pavós contarán contos nos espazos do Salón.

martes, febrero 26, 2013

KILÓMETROS DE SOLIDARIDAD


Participando no circuito os nenos e nenas consiguen
co seu esforzo, cartos para axudar a infancia do Sahel  
a poder gozar de alguns dos Dereitos   que tódolos nenos e nenas
do mundo deberían tener ( casa, comida, escola, roupa, familia....)
 
 

 
 
 
 

O alumnado ten que buscar na súa familia patrocinadores
para a carreira, teñen que apuntar no seu carnet quen lles
vai a dar cartos e canto por cada “ kilómetro”
( equivale a unha volta do circuito).



Os cartos recaudados se ingresan na conta de Save the children.

Despois faremos un acto de entrega de diplomas
de participación onde constará a cantidade recaudada.

Temos poucos alumnos/as no colexio e a nosa aportación
é pequena pero cremos que a acción de concienciación que
logra a actividade é moi grande.

Obxectivos:

  • Despertar o espíritu crítico e solidario do alumnado.
  • Concienciarse de que sempre podemos facer algo 
  • para mellorar as cousas e que o noso esforzo por facelo e importante
  •  e paga a pena.
  • Axudar aos nenos e nenas máis desfavorecidos e facer que se respeten os seus dereitos.
Os nosos alumnos/as teñen claro que en esta carreira ganamos todos/as.
Se alguén non pode, axudámoslle!!!!

viernes, febrero 22, 2013

FROITA COS CINCO SENTIDOS






2ª SEMANA DA FROITA

 
Hoxe Noa nos presenta unha receta familiar: Amorodos con zume de laranxa.
Coa axuda dos seus compañeiros /as, prepara a receta para merendar todos/as.
 

- Cortamos os amorodos en anacos pequenos.
-Botámoslles un pouco de azúcre e.....

-Zume de laranxa.

                                                  Está riquisssimo!!!! Todos memorizan a receta para dárllela na casa.

2ª SEMANA DA FROITA

 
 
HOXE MERENDAMOS AMORODOS



2ª Semana de reparto de froita na escola/ Plan Proxecta: Alimentos de orixe vexetal
Do 18 ao 22 de Febreiro, merendaremos froita na escola
LUNS – LARANXA
MARTES- KIWI
MÉRCORES – PLÁTANO
XOVES – PERA
VENRES – AMORODO
O Venres 22, ademais
  • Xogo dos 5 sentidos coa froita degustada

jueves, febrero 07, 2013

FESTA DE ENTROIDO


VENRES 8: Festa de Entroido.

Ás 11, disfrazámonos de “fetiches” ( robots ao servizo da bruxa Kiriku, unha das películas preferidas dos nosos/as alumnos/as).

Os fetiches foron confeccionados na escola polos alumnos/as con moita creatividade e reutilizando materiais como caixas de cartón , tapóns e moitas cousas máis...

Enfocamos o traballo do entroido dentro da motivación para a participación no Salón do Libro que esta edición leva o título de “A toda máquina”.

Merendaremos na aula de usos múltiples os deliciosos doces de entroido feitos polas familias dos alumnos/as.

Ao rematarmos a merenda imos desfilar ata o atrío acompañados pola policía local na nosa primeira actividade de Educación Viaria deste curso. Despois xogarán no Parque Infantil e volvemos á escola á hora da saída.

Tódolos pais/nais que poidades, estades convidados a participar na nosa festa.

Gracias pola vosa colaboración.