sábado, diciembre 20, 2008

PREMIO AO COLEXIO DE VERDUCIDO

O venres 19 de Decembro, recollemos en Santiago,
no Instituto Galego de Consumo un premio
pola nosa participación na actividade de innovación educativa
"proxectos de educación para o consumo na escola",
desenvolvidos dentro do marco da Rede de educación do consumidor
durante o curso 2007-08 .
O noso proxecto:" Alimentación: a importancia do almorzo"
Estas actividades as fomos publicando neste blog o curso pasado.
A resolución conxunta do 5 de Decembro de 2008
do Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación,
foi publicado no DOG do 18 de Decembro de 2008.

viernes, diciembre 19, 2008

lunes, diciembre 15, 2008

CARTAS AOS REIS MAGOS

Despois do taller de xoguetes,
quedounos moi claro que hai que pensar ben o que pedimos
para realmante acertar na elección e poder estar satisfeitos.



Na carta aos Reis, temos que darlles a valoración
do noso comportamento(iniciámonos na autoavaliación)
e despois de pensalo ben ( ver cátalogos, anuncios na tele,
pedir a mamá e papá que nos leven a ver os xoguetes á
tenda...) escollemos un regalo que escribimos na nosa carta.
O carteiro vai recolle-las cartas para levalas ao buzón Real.




martes, diciembre 09, 2008

TALLER DE XOGUETES


EDUCACIÓN PARA O CONSUMO


Para comezar, os nenos/as de 1º e 2º de primaria
len para grandes e pequenos este libro.
Esta simpática lectura fainos reflexionar sobre
os regalos que pedimos nestas datas de nadal que
veñen. Que e como facemos as nosas eleccións.




TALLER DE XOGUETES

TALLER DE XOGUETES PARA NENOS/AS E FAMILIAS


Con materias como carozos, botellas de plástico
ou pasta ( alimentación) de cores, propoñemos tres talleres:
-Colares
-Birlos
-Bonecas





Teñen que pensar que xoguete queren facer
xa que so poden participar nun taller.





TALLER DE XOGUETES


Grandes e pequenos amosábanse moi satisfeitos
das súas creacións.
Falamos antes de rematar do grao de satisfacción
coa súa elección, se estaban contentos ou pensaban
que deberan elexir outra cousa, porque elexiran unha
e non outra... E houbo opinións de todo tipo...
De tódolos xeitos o pracer de compartir este tempo parece
que mereceu a pena para todos...






martes, diciembre 02, 2008

VERDUCIDO VAI POLO RÍO DOS GAFOS




Hoxe a Asociación Vai polo Río, colgou no colexio a exposición de fotografías do río dos Gafos.
Ás 5:30 da tarde, Gonzalo, da asociación deu unha charla para nenos/as, nais e mestras sobre árbores, insectos, paxaros e flora que imos atopar no paseo que faremos polo río.
A charla, moi ben adaptada as idades dos nenos/as, foi seguida on gran interese e participación.
Coidamos que están preparados e motivados para tirar moito proveito do paseo que faremos en canto o tempo o permita.