lunes, enero 30, 2012

DIA DA PAZ

Participamos un ano máis no proxecto da ONG Save the Children: “Kilómetros de Solidaridad”.
      Participando no circuito os nenos e nenas recaudan, co seu esforzo, cartos para axudar aos nenos e nenas da República Democrática do Congo a poder gozar dalgúns dos Dereitos que tódolos nenos/as do Mundo deberían ter ( casa, comida, escola, roupa, familia....)

Os rapaces teñen que buscar na súa familia patrocinadores para a carreira, teñen que apuntar no seu carnet quen lles vai dar cartos e canto lle van dar por cada “ kilómetro” ( equivale a unha volta do circuito).



Os cartos recaudados ingresarémolos na conta de Save the children. Despois faremos un acto de entrega de diplomas de participación onde constarán os cartos recaudados.



Obxectivos:

  • Despertar o espíritu crítico e solidario do noso alumnado.
  • Concienciarse de que sempre podemos facer algo por mellorar as cousas e que o noso esforzo por facelo é importante e paga a pena.
  • Axudar aos nenos/as máis desfavorecidos e facer que se respecten os seus dereitos.




DIA DA PAZ




Os alumnos/as de 1º ciclo de Primaria len para os máis pequenos no Kamishibai ( pequeño teatro xaponés) o conto: “ O gato sol”, conto popular procedente do sur de Asia.

Queremos incidir nas palabras do sabio ao xoven Thuc:

-“Ti mesmo decatácheste de que todas as cousas, ata as máis pequenas, son importantes e necesarias.
Non hai nada neste mundo máis forte que nada, nin ninguén máis importante que ninguén”


miércoles, diciembre 21, 2011

FESTA DE NADAL

Recibimos a visita do Apalpador.
Participantes: alumnos/as e mestras coa colaboración das nais que prepararon tortas de aniversario e convenceron ao Apalpador para visitármonos.

Organiza: Biblioteca e ENL. 

Obxectivos: - Recuperar a figura deste personaxe que estaba practicamente esquecido e que ten un tronco común con outras tradicións do norte de España
 ( o tió en Cataluña....) e ben seguro a mesma orixe.
- Aprender a valorar e desfruta-la súa cultura.



Durante o mes de Decembro, a Biblioteca achégalles a figura do Apalpador (personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos/as . Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas)

jueves, noviembre 17, 2011

"Three Little Pigs"




Asistimos no Pazo de Cultura a unha representación en inglés do conto dos tres porquiños, conto popular de orixe inglés. Grupo Recursos.

Obxectivos:

  • Comprender a intencionalidade comunicativa doutras nenas e doutros nenos, asi como das persoas adultas, adoptando unha actitude positiva cara ás linguas.
  • Iniciarse no uso oral dunha lingua estranxeira para comunicarse en actividades contextualizadas e mostrar interese e gozo ao participar nestes intercambios comunicativos.
  • Achegarse ao coñecemento de obras artísticas expresadas en distintas linguaxes,comunicándose creativamente a través das diferentes manifestacións e adquirindo sensibilidade estética.

Competencias:
Comunicación lingüística.
Cultural e artística.




jueves, noviembre 10, 2011

FESTA DO OUTONO


Celebramos na escola a Festa do outono na que unificamos Samain e Magosto ao tempo que lles falamos como en outras culturas como as de fala inglesa tamén celebran algo moi parecido e moi coñecido para eles: Halloween, de maneira que establezan paralelismos entre culturas.

Merendamos queixo con marmelo que fixemos na escola coa froita da nosa árbore. Castañas asadas...e facendo unha excepción chuches que a bruxa que este día habita a Biblioteca lles ofrece aos que queren facer trato.

Obxectivos: Coñece-las festas populares de Galicia.
                       Aprender a valorar e desfruta-la súa cultura.
                  Interesarse polo que acontece en outras culturas.
                  Convivencia e colaboración da Comunidade educativa nunha xornada festiva na escola. 

Grazas a todos/as ( familias, veciños....) pola vosa participación e colaboración.

jueves, octubre 27, 2011

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Para celebrar este día temos con nós a Anxo Moure.




Anxo conta contos cheos de amor e compromiso coa natureza e a paz. Contos solidarios que nos ensinan que todos e todas podemos facer algo por un futuro mellor, que nos enchen de esperanza e enerxía. 

Anxo conta contos que son alimento da imaxinación, historias de árbores atrapadoras de contos solidarios.

Nós, agasallamos a “Carballo con botas”con landras do noso carballo que él plantará co seu tirabeloteiro plantabosques, nos bosques que hai nada arderon terriblemente.

Carta de agradecemento

Os nenos e nenas de Primaria escribiron unha carta a Meles Outeda
 para agradecerlles a súa amabilidade na nosa visita