domingo, enero 27, 2008

SALÓN DO LIBRO

Participamos na inauguración do Salón do Libro.
As nosas compañeiras Laura e Candela ( na foto) e Isabel, recitaron uns poemas en representación do colexio.

viernes, enero 25, 2008

OS AMIGOS CONTAN



Hoxe, visitounos na Biblioteca da escola, Rosa Piñeiro, a mamá de Natalia.

Como Rosa naceu á beira do mar, contounos moitas cousas que nos interesaron moito.

Ademais, o avó de Nati, era mariñeiro e levaba a Rosa a pescar canda el os días que non facia nin frío nin vento.

Tamén ian pescar co facho de noite que se miraban os peixes moi ben.
Nati, explicounos como lle ensinou súa nai a coller ameixas. Si, as ameixas están debaixo da area, pero hai que saber onde...

jueves, enero 24, 2008

XUNTOS APRENDEMOS TODOS

CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN

O Martes 29 de Xaneiro, ás !6:30, na Biblioteca, Beatriz Poceiro Hermida dará para todos os pais/ nais que queirades asistir unha interesante charla sobre alimentación infantil.
Próximamente tamén teremos as charlas sobre prevención de accidentes infantis e primeiros auxilios. Non Faltedes!!!

miércoles, enero 23, 2008

OS AMIGOS CONTAN




O venres 25 de Xaneiro conta Rosa Piñeiro.

Rosa é a nai de Natalia, ela, é da zona de Arousa e vainos contar cousas da vida a carón do mar.

miércoles, enero 16, 2008

ENTROIDO 2008




Sabedes de que nos imos disfrazar?
Na biblioteca estamos recollendo información.

martes, enero 15, 2008

BIBLIOTECA



Na Biblioteca, cos alumnos/as de 1º ciclo de Primaria

estamos lendo este libro. Recomendámolo.

lunes, enero 14, 2008

BIBLIOTECA OS AMIGOS CONTAN



Hoxe, Iván Oliveira Dios, de 2º de Primaria, leu na biblioteca para os seus compañeiros/as e para os de infantil de 4-5 anos. "Historias de Miguel", hoxe Mal Humor. A próxima semana será Rodrigo.

OS AMIGOS CONTAN


Coa fada Rosalinda entre todos inventamos un conto dunha estrela e unha caracola...

domingo, enero 13, 2008

MUSEO DO MAR




Xa sabemos que en xeral, nos museos
non debemos tocar os obxectos.

No noso museo, para aprender aínda máis,
temos un apartado para visitar con tódolos sentidos.

sábado, enero 12, 2008

OS AMIGOS CONTAN



Susana Trigo contounos dous contos que figuran nun apartado moi especial da nosa biblioteca:
"Animais de compañia" e "Adiviña canto te quero"

viernes, enero 11, 2008

OS AMIGOS CONTAN



O Venres 11 de Xaneiro, visitounos a Fada Rosalinda, inspectora de Fantasía.
En breve enviara un informe para saber como estamos de Fantasía nesta escola.
Tamén countounos algúns segredos para saber recoñecer a unha fada.

jueves, enero 10, 2008

miércoles, enero 09, 2008

MUSEO DO MAR


HORARIO DE VISITAS GUIADAS:

Tódolos martes, mércores e xoves de 13:45 a 14:00 horas

martes, enero 08, 2008

ESCOLA DE FAMILIA

VENRES DE 5 A 7 DA TARDE
18 DE XANEIRO
25 DE XANEIRO
1 DE FEBREIRO
8 DE FEBREIRO

Para nais e pais con fillos/as entre 3 e 7 anos.
Poden asistir tamén as familias dos nenos/as que entran na escola o próximo curso.
Servicio de gardería para os nenos/as

lunes, enero 07, 2008

MUSEO DO MAR



As experiencias e proxectos recollidos no museo do mar,fan voar a imaxinación dos nenos/as, proporcionándolles un mundo de personaxes á hora de escribir os seus contos do mar.