viernes, noviembre 30, 2007

OS AMIGOS CONTAN



Tamén hai biblioteca no barco no que foi a profe.

OS AMIGOS CONTAN


A profe Dory, contoulles a súa viaxe en barco polo mar mediterráneo.Estaban interesadisimos nese barco tan grande que tiña ata piscina...

jueves, noviembre 29, 2007

SALÓN DO LIBRO

En canto é posible, os nenos e nenas póñense tamén mans a obra. teñen moita ilusión por ir visitar a Orbil.

lunes, noviembre 26, 2007

NOVAS TECNOLOXÍAS

Nas aulas de Educación Infantil, hai un ordenador en cada aula con conexión a internet.
Na aula de 1º ciclo de primaria hai dous.
O ordenador na aula, é unha ferramenta máis de traballo, para pintar, escribir textos, tratar imaxes ou buscar información.

domingo, noviembre 25, 2007

XARDIN SECO

A fonte funciona con enerxía solar.

No xardin seco está a pegada dun pé en pedra.
Os nenos/as aventuran que é dun xigante e a pegada do outro pé esta enriba do tellado.

XARDIN SECO


Xa temos flores. Cando salen son de cor rosa e mudan a brancas despois.

sábado, noviembre 24, 2007

PINTAMOS O XARDIN SECO


Saimos fora e pintamos o xardin seco. A planta con flor e o pé e o que máis áparece nas súas produccións.

KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE



Esta carreira a gañan os nenos e nenas do Congo, gracias o esforzo deles.son pequenos, e non é doado aprender esta lección.
Son pequenos pero descubriron que hai nenos/as que non disfrutan dos dereitos que se supón tódolos nenos e nenas deberían ter.
Descubriron tamén que son afortunados e que poden poñer o seu gran de area para facer un mundo mellor

viernes, noviembre 23, 2007

KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE



Este curso celebramos o Día dos Dereitos dos nenos/as, participando na campaña de Save the Children polos nenos/as da República Democrática do Congo.

lunes, noviembre 19, 2007

O TESOURO DO MAR


Despois da saida do sábado a Corrubedo, os nenos e nenas que foron, contanllo aos seus compañeiros/as, reunidos na biblioteca da escola en torno ao tesouro que recolleron.
Destacaron:
- O pasaron moi ben.
- Nunha bolsa recolleron o lixo para que os bichiños non morran ao comelo e os que pasean polo Parque Natural non morran de noxo.
-As plantas en lugar de collelas, pedian que se fixeran fotos para levalas a escola. Lembraban un montón.
- Recolleron algunhas cunchas, das que habia moitas para poder facer un museo na escola

viernes, noviembre 16, 2007

OS AMIGOS CONTAN

Mari Chus inaugurou o proxecto. Veu contar un conto de outono. Presentouse co seu candil,o ferro e a xaula co coello e contoulles cousas dos tempos de maricastaña.
De forma maravillosa leulles o conto " O Señor mago e a folla". E unha xoia esta Mari Chus, cuxa identidade despertou moita curiosidade...
Comezamos con bo pé.

miércoles, noviembre 14, 2007

PINTAMOS O OUTONO



Temos o outono no patio: ao carballo, bidueiro, freixo, estanlle cambiando as follas de cor ,e hai moitas follas polo chan...

martes, noviembre 13, 2007

CONTAESCOLAS

ATENCIÓN. Primeira sesión de Contaescolas en Verducido.




Grandes e pequenos participan entusiasmados nas propostas de María Campos.

lunes, noviembre 12, 2007

MAGOSTO

A abuela Fina fai castelos con carozos,mentres se asan as castañas.


Que boas!

domingo, noviembre 11, 2007

POR SAN MARTIÑO...

...TROMPOS AO CAMIÑO Marcos é un experto


OS AMIGOS CONTAN

No Magosto, contamos "Xaime e as landras"
Animando a todos a recoller as landras do patio e sementalas nos montes queimados...

sábado, noviembre 10, 2007

viernes, noviembre 09, 2007

jueves, noviembre 08, 2007

lunes, noviembre 05, 2007

MAGOSTO


O VENRES 9 DE NOVEMBRO, CELEBRAMOS NA ESCOLA O MAGOSTO.

TEREMOS EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN DE FROITOS DO OUTONO.

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS SOBRE O MAR.

"OS AMIGOS CONTAN": UNHA NAI "CASTAÑEIRA" VAINOS CONTAR UN CONTO DE OUTONO.

E POR SUPOSTO...CASTAÑAS ASADAS E XOGOS POPULARES.

" POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO"

sábado, noviembre 03, 2007

BIBLIOTECA. OS AMIGOS CONTAN




CARTA DIRIXIDA AOS AMIGOS E AMIGAS DA ESCOLA PÚBLICA DE VERDUCIDO.

OS AMIGOS CONTAN…

Benqueridos/as amigas e amigos da escola de Verducido:
Ben sabedes o importante que é a vosa amizade para nós e, é por isto que nos poñemos en contacto para facervos participes do proxecto da nosa biblioteca: ” Os amigos contan…” ( ben sabedes o importante que é para a vida da nosa escola, a súa biblioteca).

” Os amigos contan…” Contos… e amizade, parécenos un binomio perfecto, fantástico como diría Rodari para escribir un capítulo da historia da nosa biblioteca.
Sabedes como aprecian os nenos e nenas da escola de Verducido as boas historias.
Gustaríanos que pasaredes pola escola para contar ou ler… un conto, o unha historia que queirades compartir con nós. Agora mesmo estamos moi interesados en historias do mar, pero pode ser calquera.
Se queredes participar na experiencia, poñedevos en contacto con nós para poder acordar data e horario para facelo. Nós propoñemos os venres ás 13:30, de maneira que poideran asistir tamén os pais/nais que quixeran, pero sabemos que ese horario non é posible para todos asi que o falamos.
Agardamos as vosas novas

viernes, noviembre 02, 2007

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS NOVEMBRO

VENRES 9: Celebramos a festa do outono,o magosto.
A partires das 11:30
Teremos exposición e degustación de froitas do outono.
Exposición de traballos sobre o mar.
“Os amigos contan”: Unha nai “castañeira”, vainos contar un conto de outono.
E por suposto, castañas asadas e xogos populares.

MARTES 13: Ás 12, Contaescolas, con María Campos.

SÁBADO 17: Faise Camiño. Imos ao Parque Natural de Corrubedo.

LUNS 19: Iniciamos O Museo do Mar na escola.

MARTES 20: Celebramos o Día Mundial dos Dereitos do Neno/a.
A partires das 12, participamos no programa de Save the Children: ”Kilómetros de solidaridade cos nenos/as do Congo”.

XOVES 22: Ás 12, Asemblea Xeral da Escola.

jueves, noviembre 01, 2007

SAMAIN. CONTO DE MEDO NA BIBLIOTECA




Nesta escola, todo ten relación.

¿ sabedes a quenes tiña apresados a bruxa na biblioteca?

OS PIRATAS!!! QUERENOS ROUBAR O TESOURO ¡ OS LIBROS DO MAR!
Fuxiron a fume de carozo, pero esqueceron algunhas cousas.