viernes, marzo 26, 2010

XOGOS NA ESCOLA

Para a festa dos aniversarios do 2º trimestre, invitamos as familias e amigos a vir xogar á escola con nós. Así, Basia que é de Polonia, ensinounos a bota-las sortes en polaco e a xogar a un xogo de ratos que escapan dun gato e a versión polaca do xogo: "abuelita, abuelita"

Viñeron tamén nais e avoas a aprendernos os xogos da súa infancia.

ANIVERSARIOS


Con deliciosas tortas caseiras, celebramos os aniversarios dos nenos e nenas que estiveron  de aniversario este trimestre.

miércoles, marzo 24, 2010

lunes, marzo 22, 2010

CONTAESCOLAS

Hoxe aprendemos un xogo novo:
Vaise pasando polos botóns decindo:
FILLO DO REI
BO MOZO
XOROBADO
TIÑOSO.....
E vólvese repetir ata rematar cos botóns....
FILLO DO REI

A ESCOLA ESTÁ CAMBIANDO

A biblioteca, as clases, por dentro , por fóra....
A escola está cambiando, está alegre.
A ANPA está pintando á escola con bonitos debuxos.
Cada día, os nenos e nenas chegan á escola buscando as novidades.
Están contentos.

O PATIO


"Un gran espacio vacío provoca comportamientos de agitación.repetitivos,cansados.
En cambio, un espacio articulado y variado invita a comportamientos inteligentes: exploraciones, descubrimientos, intenciones, encuentros, colaboraciones, iniciativas, proyectos, construcciones..."
Penny Ritscher. Por Carme Cols en in-fan-cia nº 120

lunes, marzo 15, 2010

HORTA ECOLÓXICA. FACEMOS COLONIA DE LAVANDA

Cando comezamos as clases en setembro, recollemos as flores de lavanda.
Deixámolas secar e agora con elas imos facer colonia
Queremos facer a colonia como agasallo para os nenos e nenas que estiveron de aniversario neste trimestre.
Ímola facer todos, eles non saben que vai se-lo agasallo.

Ingredientes:



1 cunca de flores secas de lavanda.
                                                                                      
4 culleradas de canela en po.

8 dl.de alcohol de 96º

2 dl.de auga.


Preparación:


Facer unha infusión coas flores de lavanda.


Filtra-la e poñe-la nun tarro xunto coa canela e o alcohol.
 
Gardámola 15 días nun lugar escuro.

domingo, marzo 14, 2010

PRESENTACIÓN DA HORTA ECOLÓXICA



Na escola de Verducido contamos dende hai anos cunha ferramenta didáctica de primeira magnitude, cultivamos unha horta ecolóxica.

Hai tres anos que o noso proxecto está na rede Voz Natura e neste curso estamos nun proxecto Comenius: “Horta ecolóxica e alimentación” no que compartimos as nosas experiencias con escolas de Eslovenia, Finlandia, Italia e Turquía.



Pretendemos que o noso proxecto contribúa a que toda a Comunidade Educativa aprenda e ensine.



Contamos cun Consello da Horta constituído a principios de curso e do que forman parte as mestras da escola, a nai dunha alumna e o pai duns ex alumnos do cole.

No Consello, tomamos as decisións de que e cando plantar e como recoller a información de como se cultiva a horta no noso contorno.

Comezamos no mes de Decembro plantando chícharos e grelos, en Febreiro patacas e verzas e agora no mes de Marzo vímos de plantar amorodos.Coidamos dela e observamos os cambios e evolución. Observamos os bichiños que hai na nosa horta e aprendemos cales son beneficiosos e cales non. Aprendemos a respecta-los que son beneficiosos e poñemos trampas para os que son perxudiciais e controlalos de maneira que non dane os nosos cultivos.

Os mestres da escola formamos un grupo de traballo: "O traballo da horta ecolóxica como recurso didáctico" A pizarra dixital”.

Para presenta-la nosa horta á comunidade educativa en xeral, temos programadas para o Martes 16 de Marzo ,unhas charlas con practica na horta.

Pola mañan,ás 12:30 para os alumnos/as e profesores/as.

Pola tarde, ás 4:30 para adultos interesados en coñecer a horta ecolóxica e as mellores prácticas para levala adiante.

As charlas serán impartidas por monitores de “Ventos, estudios ambientais” con quenes levamos tempo traballando nas saídas de “ Faise Camiño”.Invitamos a tódolos interesados a asistir a esta charla.
Mentres os adultos asisten á charla, os nenos/as poden estar na biblioteca do colexio.

lunes, marzo 01, 2010

MATRÍCULA

E.E.I. VERDUCIDO


PARA TER SEMPRE CERCA AOS TEUS FILLOS E FILLAS


PARA PARTICIPAR NA SÚA EDUCACIÓN



SOLICITUDE DE ADMISIÓN

CURSO 2010-2011

DO 1 de Marzo ao 6 de Abril

INGLÉS A PARTIRES DOS 3 ANOS.

BIBLIOTECA CON INTERNET E PRÉSTAMO DENDE OS 3 ANOS.AULA DE INFORMÁTICA.

CONEXIÓN A INTERNET NAS AULAS

ACTIVIDADES EXTRA ESCOLARES



ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS.

ESCOLA DE NAIS E PAIS.



Tfno.: 986879336

e mail: eei.verducido@edu.xunta.es

e mail anpa: anpa.verducido@nontedurmas.org