viernes, junio 21, 2013

FESTA FIN DE CURSO

Teatro, cancións, merenda e despedida dos nenos e nenas de 2º de Primaria.
Compartimos unha tarde moi agradable con moitas persoas que se achegaron ao cole á festa de fin de curso que organiza a ANPA do cole. Antigos alumnos/as  e as súas familias, alumnos/as que veñen para o ano ao cole, todos xuntos compartindo momentos moi especiais.





 Gracias un ano máis a todos e todas as persoas que colaborades para que o noso Proxecto Educativo se faga realidade.
BO VERÁN!!!!!!!!

XOGOS NO PATIO

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/XogosNoPatio

Na escola, tódolos tempos e tódolos espazos son educativos....
O patio é un momento e un lugar especial onde se poñen a proba as habilidades sociais, as habilidades motoras, a capacidade de liderar proxectos e levalos adiante...E moi fermoso observar os seus traballos no patio. Con que seriedade e constancia levan adiante os proxectos que se propoñen e como se realcionan para elo cos compañeiros/as.


O último día de clase, chamounos a atención que os alumnos/as de 2º de Primaria que este curso case non xogaran coa area, puxéronse a traballar con gran dedicación e ilusión. Pareceunos unha entrañable despedida.

jueves, junio 20, 2013

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/PeriodoDeAdaptacion

Os nenos e nenas que entran o próximo curso na escola, viñeron dende Xaneiro á Biblioteca os Martes pola tarde. durante o mes de Xuño viñeron ao cole na hora do recreo.
Xa son parte da escola, esperemos que non lles coste moito adaptarse a quedar sen as súas nais/pais a partires de Setembro.

miércoles, junio 19, 2013

TALLER DE COCIÑA .FACENDO GALLETAS

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/CocinandoGalletas03
Preparamos galletas no Taller de cociña con Aurea, a nai de Antón.
Galletas sen graxa, con productos da horta e cun plus o seren feitas polos nenos e nenas.

Obxectivos:
Coñecer á orixe dos alimentos que comemos.
Transformación dos alimentos cando os cociñamos.
Utilizar productos da horta para cociñar.

  • Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.
  • Competencia en aprender a aprender. 

Actividade:
Preparamos galletas con remolacha, cenoura e cabaciña para a festa de fin de curso.



Preparamos galletas sin glutén para Álvaro.



martes, junio 11, 2013

Premio Programa de sensibilización coa discapacidade.

A Asociación Juan XXIII, premiou os debuxos de Cristina e a Fani pola súa creatividade, simpatía e orixinalidade. En conxunto, pillaron ámbalas dúas moi ben a idea.
Tamén destacaron que son todos moi bos artistas!!!!
O premio que lles enviaron está feito na Asociación.Que bonito!!!


lunes, junio 10, 2013

AUGA. REFRÁNS E DITOS

Para o trotacontos deste ano:" Cunha chea de auga...." Os nenos e nenas recolleron entre as súas familias ditos e refráns sobre a auga.
Pintaron con témpera azul e branca o que lles suxerían tantos ditos sobre a auga... 
 
 
 
 

sábado, junio 08, 2013

PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN ANTE A DISCAPACIDADE

Ollade este conto: El cazo de Lorenzo

http://www.youtube.com/watch?v=gqYmdmQ5Pmc



La Organización Mundial de la Salud ofrece estas definiciones:

Discapacidad: Es cualquier restricción o impedimento de la capacidad de realizar una actividad en la forma o dentro del margen que se considera normal para el ser humano. La discapacidad se caracteriza por excesos o insuficiencias en el desempeño de una actividad rutinaria normal, los cuales pueden ser temporales o permanentes, reversibles o surgir como consecuencia directa de la deficiencia o como una respuesta del propio individuo, sobre todo la psicológica, a deficiencias físicas, sensoriales o de otro tipo.

viernes, junio 07, 2013

AS RECEITAS DAS FAMILIAS

 
A nai de Juan e María veu á escola a compartir con nós as suas receitas :

Melón con limón:

- Melón cortado en cadradiños con zume de limón.
Ummmm ,que rico!!!!


 Batido de Sandía, amorodo, zume de laranxa e un chisquiño de azucre:
 Gustoulles moito. Seguro que queren repetir na casa.
Os amorodos eran da nosa horta!!!!!


MERENDAR FROITA É UNHA FESTA

Na III Semana da froita merendar é  unha festa.
Merendar froita convertese en algo especial.
A froita é moi rica, é a mellor lambetada.

https://picasaweb.google.com/data/feed/base/user/109349631551482417828/albumid/5886796254785676145?alt=rss&kind=photo&hl=es


Hoxe, coa colaboración de nais e pais que cortaron a froita, fixeron brochetas de melón e sandía.Gracias.
Había unha consiga: - A primeira brocheta, tiña que ter 4 anaquiños de froita e tiña que ter das duas, na proporción que quixeran según as súas preferencias.
         - Había que comer esta brocheta e podían facer máis se querían.
FOI UNHA MERENDA MOI RICA E DIVERTIDA
 
 
 

jueves, junio 06, 2013

ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN ANTE A DISCAPACIDADE


 
 
06.06.2013 | 07:43
FdV
FdV
La Asociación Juan XXIII impartió una charla formativa entre los alumnos de infantil del EEI de Verducido. Esta actividad forma parte de las distintas acciones que se recogen dentro del programa de sensibilización a la comunidad que la entidad lleva a cabo en centro educativos y que persigue eliminar aquellos obstáculos que todavía hoy impiden la inclusión real y efectiva de las personas con discapacidad intelectual.



martes, junio 04, 2013

ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACION ANTE A DISCAPACIDADE


Cando foramos ao teatro ( "Seis barbudos) , coincidimos cun grupo de persoas discapacitadas.
A reacción dos nosos alumnos/as : medo, extrañeza, non saber como comportarse...  fíxonos pensar que algo tiñamos que facer, pero, que e como?
Cando nos chegou a oferta dun programa de sensibilización coa discapacidade da asociación Juan XXIII pareceunos milagroso.

Persoal do Juan XXIII desprazouse ao noso centro para facer unha sesión formativa, de gran interese para mestras  e alumnado.
Reflexionamos sobre que é a discapacidade.
Sobre as nosas propias capacidades e limitacións.
Coa axuda de Elmer, o elefante, pensamos sobre ser diferentes ( que en realidade to@s o somos ) e ao mesmo tempo ser iguais, que tamén.
 Seguiremos traballando o valor da inclusión  para prepararnos para poder realizar actividades de convivencia e cooperación co alumnado do Juan XXIII.
A actitude de querer convivir xa a teñen, agora practicaremos.


lunes, junio 03, 2013

III Semana da froita



 


LUNS: ALBARICOQUE
MARTES: NÉSPERA
MÉRCORES: CEREIXAS
XOVES: PELADILLOS
VENRES: BROCHETAS DE MELÓN E SANDÍA

Merendar froita na escola é unha festa!!!
Algúns nunca probaran algunhas das froitas.
Conseguimos que teñan unha boa actitude para probar froitas novas.

jueves, mayo 30, 2013

HORTA ECOLÓXICA E ALIMENTACIÓN

  Esta actividade levámola adiante coa colaboración de Aurea a  nai de Antón de Nonon,  nai dunha ex-alumna, Zeineba, sen elas non sería posible este proxecto.

Obxectivos:

Coñecer á orixe dos alimentos que comemos.

Coñecer a importancia dunha boa alimentación para a saúde.

Coñecer a importancia de comer bos alimentos, cultivados de maneira ecolóxica.

Coñecer os animais perxudiciais para a horta e buscar maneiras ecolóxicas de evitalos. Loita biolóxica.

Coñecer os animais amigos da horta e buscar maneiras de favorecelos.

Comprender a importancia da biodiversidade.

  • Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

Actividade:

- Este ano, comezamos o traballo na horta no mes de Marzo transplantando os amorodos que xa tiñamos e plantando frambuesas.

Plantamos sementes de leituga, cenoura, rabanitos e remolacha.

Máis adiante puxemos sementes de xirasol, caléndulas e tajetes.

Plantas de Remolacha, cabaciña e tomates.

Temos tamén espinaca da que plantaramos o ano pasado.
  • Traballamos na horta regando.
  • Traballamos na horta quitando as herbas que non nos interesan, xa temos autenticos expertos en saber que plantas corresponden as sementes que plantamos.
  • Xa probamos os amorodos e os rabanitos.
  • Para fin de curso imos facer un taller de cociña para preparar tortas e galletas para a festa dos aniversarios do 3º trimestre.

Temos rabanitos, espinacas, cabaciñas, remolachas, cenouras.
Xa comimos amorodos.....





viernes, mayo 24, 2013

VISITA AO AREEIRO

VISITAMOS O AREEIRO https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/Areeiro

Obxectivos:

  • Coñecer as instalacións da estación fitopatolóxica do areeiro de onde no outono traemos froitos “exóticos” para degustar na escola.
  • Loita bióloxica para poder cultivar unha horta ecolóxica.
  • Importancia da biodiversidade.
  • Cando unha planta enferma, no areeiro averiguan porque enfermou e investigan que facer para curala e que podemos facer para que non volva a enfermar. 

Competencias:

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.

Actividades:

-Visitamos a zona de laboratorios onde lles explican a grande variedade de especies coas que traballan e a grande variedade de especies que existen.

Explicanlles que investigan na loita biolóxica para evitaren que haxa bicos que coman as especies que nos interesan no canto de utilizar velenos.

  • Déronos unhas sementes que plantaremos e faremos un seguimento do seu proceso de crecemento. Comentarémolo con Angeles, do areeiro.
  • Tamén nos deron un camelio que plantaremos no xardín zen da nosa escola xa que vai moi ben esta planta que provén do xapón en este tipo de xardín que tamén ten orixe oriental.


domingo, mayo 19, 2013

VISITA Á ESTACIÓN FITOPATOLOXICA DO AREEIRO

http://www.efa-dip.org/ga/index_ga.htm
Nesta páxina podedes atopar información sobre o traballo da estación que podevos ser de interese.

Dentro do noso proxecto inscrito no Plan Proxecta: "A importancia da alimentación : alimentos de orixe vexetal", o próximo venres 24 de maio, visitaremos a zona hortofrutícola do areeiro.
Xa no outono, degustamos froitas cultivadas no areeiro: feijoa e guayaba-fresa.
Na horta da escola xa temos en flor o marmelo e a cerdeira e temos amoras na moreira.
Seguro que aprenderemos como coidar mellor das nosas árbores froiteiras.

miércoles, mayo 15, 2013

FESTA DAS LETRAS GALEGAS


Celebramos o Día das Letras coa visita de Viky, unha actriz que fai fincapé na importancia de Vidal Bolaño no teatro galego. Falan con ela e lle preguntan como superan os actores e actrices  os nervios e a vergoña.
Os nen@s prepáranse para a representación que van facer utilizando os consellos de Viky:
-Eu non son María, eu son un galo.
E comeza o espectáculo:
 
Os nenos e nenas de Educaión Infantil representan "A ratiña presumida"
Os nenos e nenas de Educaión Primaria representan "O pastor mentireiro"
Como sempre, o mellor foi o proceso no que todos aprendimos un montón sobre colaboración, diálogo, respeto polos compañeiros/as e eso tradúcese no éxito das representacións.
Convidamos aos pais/nais que estaban moi orgullosos e satisfeitos.

martes, mayo 07, 2013

ADAPTACIÓN

Os nenos e nenas de 2º de Primaria teñen un montón de preguntas
sobre o cole de Xeve, onde irán o curso próximo.
Ex alumnos/as que están agora alí viñeron o martes pola tarde a falar con eles.
Ofrecéronlles a súa axuda e apoio  para cando estean alí.
 
 
 
 

 

 
Agradecemos a estes compañeiros/as  o seu tempo. 


sábado, abril 27, 2013

FAISE CAMIÑO. ILLA DE AROUSA

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/FaiseCaminoIllaDeArousa?authuser=0&authkey=Gv1sRgCLHMmNbezIe8uQE&feat=directlink



Sábado de convivencia da Comunidade Educativa: Familias, Profes, Ex- familias, ex-profes...
Non faltou nada: chuvia, sol, sarabia,vento pero sobre todo rimos, aprendimos, disfrutamos de estarmos xuntos.
Como dín os nosos veciños do norte, non hai mal tempo senón roupa inadecuada.

Levamos anos participando neste programa da Concellalía de Educación do Concello que pretende fomentar outra maneira de pasar o tempo de lecer en familia e ao mesmo tempo  facer Comunidade Educativa nas Escolas.
Outra escola pública é posible!!!

viernes, abril 19, 2013

PLANTAMOS ÁRBORES

Participamos nesta actividade proposta pola ANPA do noso cole
en colaboración coa Comunidade de Montes daParroquía.
Queremos que o noso alumnado participe activamente no coidado
do medioambiente e sexan cidadáns activos na súa parroquía
do  seu coidado e mantemento.
Plantaron cerdeiras e carballos americanos na zona dos muiños
recentemente restaurados.
Merendaron alí e despois fomos ver traballar un dos muiños.
A próxima primavera acercarémonos a facer un seguimento do seu
crecemento e a prantar máis se se precisa.
Gracias a tod@s os que colaborastes para que esta fora unha
experiencia moi significativa de concienciación de respeto
polo medio ambiente.