Mostrando entradas con la etiqueta Normalización Lingüística. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Normalización Lingüística. Mostrar todas las entradas

lunes, junio 10, 2013

AUGA. REFRÁNS E DITOS

Para o trotacontos deste ano:" Cunha chea de auga...." Os nenos e nenas recolleron entre as súas familias ditos e refráns sobre a auga.
Pintaron con témpera azul e branca o que lles suxerían tantos ditos sobre a auga... 
 
 
 
 

miércoles, mayo 15, 2013

FESTA DAS LETRAS GALEGAS


Celebramos o Día das Letras coa visita de Viky, unha actriz que fai fincapé na importancia de Vidal Bolaño no teatro galego. Falan con ela e lle preguntan como superan os actores e actrices  os nervios e a vergoña.
Os nen@s prepáranse para a representación que van facer utilizando os consellos de Viky:
-Eu non son María, eu son un galo.
E comeza o espectáculo:
 
Os nenos e nenas de Educaión Infantil representan "A ratiña presumida"
Os nenos e nenas de Educaión Primaria representan "O pastor mentireiro"
Como sempre, o mellor foi o proceso no que todos aprendimos un montón sobre colaboración, diálogo, respeto polos compañeiros/as e eso tradúcese no éxito das representacións.
Convidamos aos pais/nais que estaban moi orgullosos e satisfeitos.

miércoles, noviembre 07, 2012

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS

Ata o venres 8 de Novembro, podedes visitar na aula de usos múltiples a exposición de cogomelos.
Esta exposición é o resultado final do traballo na escola de Jaime Blanco Dios, membro da Asociación Micolóxica Brincabois que deu unha charla ao alumnado da escola sobre os cogomelos do noso ámbito e os seus nomes.
Jaime Blanco, visitará tamén os colexios de Lérez, Xeve e Campañó nun proxecto dos ENDL dos nosos centros en colaboración co servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Cada obradoiro comeza cunha introducción á micoloxía adaptada a idade do alumnado, unha recollida de cogomelosno monte máis cercano á escola e, finalmente, a montaxe dunha exposición dos cogomelos recollidos co seu nome científico e o seu nome galego.

viernes, junio 03, 2011

ROTEIRO DOS BOLECHAS POR PONTEVEDRA

Obxectivo:
Coñecer a súa cidade: “Pontevedra é boa vila, da de beber a quen pasa....”
Coñecer as diferentes prazas da cidade.
Praza da Peregrina; A Ferrería; Praza da estrela; Praza da leña; Praza da verdura;Fonte dos tornos.....
Praza da Pedreira. Onde rematamos a visita e os agasallan cun libro
“ Excursión pola zona vella de Pontevedra” dos Bolechas.



Merendamos, xogamos un pouco e despois imos ao Centro de Interpretación das Torres Arzobispais onde nos trasladamos a Pontevedra na Idade Media a través dunha magnifica película en 3D.


Actividade previa do Roteiro dos Bolechas.Na Biblioteca:

- Escollen que personaxe dos Bolechas vai ser cada un.

E moi doado pois os coñecen moi ben e lles encantan os seus libros sinxelos onde teñen aventuras cotiás de calquera neno/a da súa idade.

-Pintan e recortan a súa carauta e escriben o nome no seu distintivo.



miércoles, mayo 18, 2011

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Actividade: -Os alumnos/as de E.P. Contanlle aos seus compañeiros/as de Educación Infantil que era o poeta Lois Pereiro axudados polos carteis.






-Actividades na pizarra dixital sobre o Día das Letras e o autor homenaxeado este ano.

-Simbolizando as Letras Galegas e o coidado que cada un lle ten que dar, levan para casa unha planta ornamental das que sementamos facendo un semilleiro.