sábado, mayo 27, 2006

EXPOSICIÓN: VERDUCIDO E O CAMPO ( PRODUCTOS E FERRAMENTAS







Preparamos en colaboración alumnos, mestres e familias unha magnifica e completa exposición para que os nenos/as do colexio Froebel se fixeran unha idea dos productos que se colleitan en Verducido e as ferramentas que se utilizan. Pese a ser unha época de moito traballo no campo, a resposta das familias foi estupenda. A final da maña, veu unha nai a guiarnos pola exposición explicando o uso das diferentes ferramentas e os productos que ali estaban expostos.
Coidamos que os nosos alumnos/as aprenderon moito sobre o seu contorno ao prepara á explicación para os seus compañeiros grandes que viñan da vila.

miércoles, mayo 24, 2006

INTERCAMBIO COLEXIO FROEBEL

Os nenos e nenas non deixan de preguntar cantos días faltan para que cheguen a Verducido os seus amigos de Froebel. E se non contamos hoxe, cantos son? Queren ensinarlles as suas clases, o patio, e a exposición que están preparando coas ferramentas que traen da casa e que van a explicarlles aos seus amigos como se ata nas viñas, seus pais, mentres eles xogan, dixeron os pequenos...Están entusiasmados.

INTERCAMBIO FROEBEL A VERDUCIDO
Os nenos/as de primaria investigaron a través de internet e preguntando nas súas casas para poder explicarlles aos seus compañeiros de Froebel o que coñecían da súa propia parroquia.
Iste foi o resultado da súa investigación.

QUÉ É VERDUCIDO?
Actualmente Verducido é unha parroquia das 15 que ten o concello de Pontevedra. Antigamente, ata o primeiro tercio do século XX, fora concello xunto coas parroquias de San Andrés e Santa María de Xeve, onde estaba a Casa Consistorial, na actualidade convertida en biblioteca.
As parroquias máis próximas son Cerponzóns, Xeve, Lérez, Bora y Mourente. No 2004 tiña 1.032 habitantes. É un valle que destaca pola súa beleza na paisaxe.
LUGARES DE VERDUCIDO
Verducido divídese en varios lugares en vez de rúas como en Pontevedra. Estes lugares son: Verducido Covadáspera, Abelleira, Bordel, Gabián, O Outeiriño, Rosende e Vilariño.
LUGARES DE INTERESE
Os principais lugares de interese son, ademáis do colexo, o Outeiro do Castro, o Centro Social, o Encoro do Pontillón, a Igrexa e o Campo de fútbol.
Dende o colexo pode divisarse o Outeiro do Castro ou Monte do Castro de uns 300 m. de altura. Nel atópase restos dun castelo, hoxe convertido en palleira e a posibilidade de restos de castros que eran construccións de pedra redondeadas para defenderse de ataques.
Próximo ao Monte está o encoro do Pontillón, que é o que surte de auga a Pontevedra capital. E cobixo de importantes aves migratorias e na actualidade nel realízanse entrenamentos e regatas de piragüismo. Se está a converter nunha das principais pistas de piragüismo nacionais.
No Centro Social reúnense os/as veciños/as para realizar diferentes actividades culturais e cursiños.
A igrexa é un edificio do século XVII de cruz latina. Ademáis de lugar de culto relixioso é lugar dinamizador de actividades culturais e festividades como por exemplo a escinificación polo nadal dun belén vivente.
FESTIVIDADES
As principais festividades da parroquia son San Martiño en novembro, San Blas en febreiro, o Santísimo en xullo.


INTERCAMBIO E.E.I. VERDUCIDO – C.E.I.P. FROEBEL

O Venres 26 de Maio, veñen de Pontevedra a encontrarse con nós os nosos amigos/as do colexio Froebel.( 23 nenas/os de 6º de Primaria).
O autobús de Pontevedra, chegará ao colexio de Verducido sobre ás 10 da maña.
Visita a exposición que lles teñen preparada na escola : " O campo en Verducido: productos e ferramentas "
Os pequenos lles van facer unha visita comentada das árbores e plantas que hai no patio do colexio. Xogo de identificación.
Sementamos millo.Facemos un espantallo.
Paseo ata a eirexa de Verducido. No percorrido proporase unha búsqueda ( plantas de patacas, millo, viña...) que en colaboración maiores e pequenos deberán atopar.
Comeremos no colexio.
O autobús recolle aos nosos amigos ás 15:30.


Obxectivos deste intercambio:
-Relacionarnos,colaborar e convivir con nenos/nenas maiores.
Mostrar o noso contorno a outros nenos/as.
Aprender a distinguir a flora do noso contorno, e mostrarlla aos outros.
Educación vial na aldea: Atención,non hai arcén.Hai que andar pola esquerda da estrada,en ringleira.
-Valoración e respecto do seu contorno, e patrimonio natural e cultural.

sábado, mayo 06, 2006

FAISE CAMIÑO. CARBOEIRO




Saída ao Mosteiro de Carboeiro e Fervenza do Toxa.
PROGRAMA
Saída: sábado 6 de maio, ás 10:00 diante da carnicería.
Parada en Cuntis (visita ao castro de Castro Landín).
Parada en Silleda (café, baño, ...) Merenda para os nenos/as nunha mochila pequena .
Chegada ao Mosteiro de Carboeiro. Comezo do roteiro.
Parada para comer na área recreativa da Carixa (o bus levaranos as mochilas ata alí; aínda así, recoméndase preparar cousas sinxelas e sen unha excesiva menaxe). Preto desta área hai un bar (aproveitamento para urinarios en condicións, café e demáis).
Continuación do roteiro ata a Fervenza do Toxa e o mirador sobre ela.
Regreso a Pontevedra (chegada estimada ás 20:30 horas).

jueves, abril 27, 2006

IMOS AO ALBERGUE DE TUI














PROXECTO: DURMIMOS FORA DA CASA NO ALBERGUE DE TUI

Obxectivos:
Coñece-la realidade do Camiño e o seu contorno, seus valores e sensibilidades.
Proporcionar aos nenos/as a experiencia da convivencia cos seus compañeiros/as e mestres/as durante un día enteiro, durmindo fora da súa casa.
Fomenta-la súa autonomía.

PROGRAMA DA SAÍDA:
XOVES 27 DE ABRIL

Saímos as 4 .
Ás 5:30 chegada ao albergue de Tui, onde imos deixar as cousas e merendamos.
Despois visitaremos o centro histórico de Tui e o paseo pola beira do río Miño onde poderan xogar a pracer.
Ás 8, chegamos de volta ao albergue onde teran unha sesión de contacontos a cargo de Fiona
a viaxeira, " Contos para durmir ben".
Ás 9, cea. Encargarémo-la cea a unha empresa de comida italiana para cear no albergue.
Cepillámo-los dentes, lavámonos, facemos pis e á cama.

VENRES 28 DE ABRIL

Ás 9 levantámonos.
Ás 9:30, almorzamos no albergue
Ás 10:00, recóllenos o autobús e levanos a Portugal: Vilanova da Cerveira.
Visitaremos a vila e o Aquamuseu.
Ás 13:30 collemos o autobús para regresar a casa. Chegaremos sobre ás 15h.

miércoles, abril 26, 2006

EXPOSICIÓN DAS ILLAS ATLÁNTICAS




Visitamos a exposión sobre o Parque Natural das Illas Atlánticas onde puideron aprender máis sobre os animais que alí viven e a importancia de conservar e coidar ben destes espacios naturais, non tirar lixo cando os visitamos, non berrar nos paseos e procurar ir polos sendeiros habilitados pois doutro xeito estamos destruindo fauna e flora. Pa poderen os nenos e nenas aprender eso mellor contaronlles a historia da gaivota Antón.

BIBLIOTECA


Durante o mes de Maio, teremos expostos na biblioteca do colexio, os libros feitos polos nenos/as nos últimos anos . Na Semana das Letras Galegas presentaremos o libro dos alumnos/as de primaria " Vida dun lapis".

lunes, marzo 27, 2006

XUNTOS APRENDEMOS TODOS


FAISE CAMIÑO AO ANDAR. 9 DE MARZO. ROTEIRO POR CAMBADOS.

OBXECTIVOS:

Ø Facer da escola o lugar onde aprender xuntos: Nenos/as, Pais e Nais e Mestres/as.

Lembremos que como dicía Heidegger “ SO PODE ENSINAR QUEN ESTÁ DISPOSTO A APRENDER”


Ø Brindar á Comunidade Educativa, oportunidades de experiencias, de encontro e diálogo.facer da escola un punto de encontro donde os pais e nais que asi o desexen poidan ampliar e reestablecer as súas redes sociais, entrar en contacto con outras persoas que teñen rapaces o seu cargo e que teñen situacións e retos moi parecidos.


Ø Aumentar o tempo e calidade de convivencia e relación entre nais/pais e fillos/as, así como de estes cos mestes/as.


Ø Vivenciar espacios de encontro interxeneracional e interinstitucional a través de e dinámicas lúdicas e cooperativas.


Ø Disfrutar de alternativas de ocupación do tempo libre máis saudabeis para os rapaces e adultos participantes.


Ø Fomenta-la colaboración e implicación posterior dos familiares co colexio e viceversa.

Ø Intentar propoñer actividades para conquerir os obxectivos xerais propostos no P.E.C. tanto para os nenos/as como para as familias dentro do programa “Xuntos, aprendemos todos”de maneira que se reforze o traballado cos rapaces na casa e na escola.

Ø Toda a Comunidade Educativa APRENDE e mesmo tempo ENSINA.





ACTIVIDADES:

Ø ESCOLA DE FAMILIA. 17, 24, 31 DE XANEIRO E 7 DE FEBREIRO DE 2006.


Ø CELEBRACIÓN DE FESTAS E TRADICIÓNS: MAGOSTO, MAIOS...
Ø INTERCAMBIOS CON OUTROS CENTROS.
Ø TALLER DE CONSTRUCCIÓN E REPARACIÓN DE XOGUETES.
Ø VISITA AO SALÓN DO LIBRO.
Ø VISITA Á BIBLIOTECA DE XEVE.
Ø FAISE CAMIÑO AO ANDAR: CAMBADOS E ZONA DE SILLEDA..

jueves, marzo 09, 2006

VIAXANDO NO TREN DA LINGUA




O XOVES 9 DE MARZO, os alumnos/as de E.I. de 4-5 anos e os de 1º e 2º de Primaria,
coas súas mestras, viaxan no tren da lingua de Caixanova.
A escritora Fina Casalderrey comparte con eles as súas lembranzas da súa primeira viaxe en tren.
Os nenos/as gozan da viaxe e o máis celebrado e sen dúbida o paso polos túneles. Ademais para darlles máis emoción, o maquinista apaga as luces o pasar por eles.
Na estación de Vigo, merendamos zume e galletas. A continuación asisten a unha sesión animada con títeres, explicandolles os diferentes tipos de tren que existen.O remata-la sesión e antes de colle-lo tren de volta, dannos un tempo libre na estación de Vigo que nos aproveitamos para percorrer as instalación e facer unha foto de recordo xunto a escultura do artista cambadés Francisco Leiro.
Regresaron á escola cun recordo da viaxe, un estoxo con ceras e acuarelas e un folleto dos diferentes tipos de trens.


martes, marzo 07, 2006

Visitamos ó Salón do Libro



O lobo ORBIL para disfrute dos máis e para susto de David e Lucas acompañounos no percorrido polo Salón.
Rato de Biblioteca, foi o que nos contou contos de Ratiños e os nenos/as recompensaronno ensinandolle o conto da nosa escola: " Lúa e o bosque"

martes, febrero 28, 2006

INGLÉS




Clases de inglés dende os 3 anos. Mónica Palmás Barbosa é a nosa teacher.
A finais de Outubro, celebramos Halloween.
¡Atención !,esta é unha páxina interesante de actividades, xogos e cancións en inglés para nenos/as que comezan a falar inglés http://www.kindersite.org , visitadea con eles.

ENTROIDO.




Disfrazámonos de trasnos, porque nos gusta o bosque e tamén facer trasnadas.

lunes, febrero 27, 2006

SAÍDAS

Fomos ao teatro: " Si tienes un papá mago". Para os máis pequenos foi a primeira saída.Asistir a espectáculos teatrais de gran calidade como en este caso, contribue a formación da súa imaxinación e sensibilidade, do seu sentido crítico como espectadores.
A obra era fantástica.Non pestanexaban. Moi recomendable.Está baseada no libro de Gabriela Kesselman en Editorial S.M. A vosa disposición na Biblioteca do colexio.
Posted by Picasa

domingo, febrero 26, 2006

fotos de actividades do colexio en non te durmas

Temos fotos dalgunhas actividades na páxina da Federación Provincial de ANPA de Pontevedra. Podedes velas premendo eiqui e indo na páxina onde pon galeria

lunes, enero 23, 2006

Presentación


Presentación do libro: "Lúa e o bosque" o día que o rematamos e que vai para o Salón do Libro, onde o imos ir visitar.

domingo, enero 01, 2006

Presentación do libro "lúa e o bosque"

Fomos autores, ilustradores e editores .Fixemos todo o proceso de elaboración dun libro.Dende a inspiración,a parte máis creativa...ata a máis artesanal de fabricación do propio exemplar.

martes, diciembre 20, 2005

TALLER DE XOGUETES







O martes 20 de Decembro á tarde, tivemos un taller de construcción de xoguetes no que participan os nenos/as e as súas nais. Facemos bonecos con carozos, orizos de la e instrumentos con material de desfeito. Pretendemos que nestas datas de consumo esaxerado reflexionemos sobre a importancia de pasar un tempo de calidade cos vosos fillos/as en lugar de compensar mercando cousas sen máis.