jueves, marzo 09, 2006

VIAXANDO NO TREN DA LINGUA




O XOVES 9 DE MARZO, os alumnos/as de E.I. de 4-5 anos e os de 1º e 2º de Primaria,
coas súas mestras, viaxan no tren da lingua de Caixanova.
A escritora Fina Casalderrey comparte con eles as súas lembranzas da súa primeira viaxe en tren.
Os nenos/as gozan da viaxe e o máis celebrado e sen dúbida o paso polos túneles. Ademais para darlles máis emoción, o maquinista apaga as luces o pasar por eles.
Na estación de Vigo, merendamos zume e galletas. A continuación asisten a unha sesión animada con títeres, explicandolles os diferentes tipos de tren que existen.O remata-la sesión e antes de colle-lo tren de volta, dannos un tempo libre na estación de Vigo que nos aproveitamos para percorrer as instalación e facer unha foto de recordo xunto a escultura do artista cambadés Francisco Leiro.
Regresaron á escola cun recordo da viaxe, un estoxo con ceras e acuarelas e un folleto dos diferentes tipos de trens.


1 comentario:

Lourdes y Aracely dijo...

Hola! Parecenos unha idea estupenda que fixerades esta paxina do colexio de Verducido, é unha forma de dar a coñecer ó mundo os nosos nenos e dalgunha maneira o noso pobo, e todalas actividades que nel se realizan. Noraboa e seguide adiante. Un saúdo