Mostrando entradas con la etiqueta Tarefas infantil covid 19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tarefas infantil covid 19. Mostrar todas las entradas

martes, abril 28, 2020

TAREFAS INFANTIL MARTES 28 DE ABRIL

BO DÍA CHICAS E CHICOS!!!!

Hoxe é MARTES 28 de ABRIL


  • 7,6,5,4,3,2,1, Viaxamos ata MARTE
  • Contamos a modo ata 28, podemos ir contando no almanaque de maneira que vaian visualizando as grafías.




    HOXE O ENCARGADO É HUGO

  • Xogamos coas súas letras.
    Este nome ten unha letra que non se escoita.
    É moi importante traballar os sons: conciencia fonolóxica como prerrequisito para a aprendizaxe da lectoescritura.











O MÉRCORES , o encargado é MARTÍN

Xa sabedes que o Venres 1 deMaio  é o Día do traballo
En que vos gustaría traballar cando sexades adultos. 
Podedes facer moitas cousas, ter diferentes oficios, cales vos gustan máis. 
Escoitade a canción.

Canción: que queres ser cando seas grande:


Hoxe imos traballar con adiviñas sobre os oficios.
Mirade estas e collede ideas para xogar con eles as adiviñas con outras palabras, é un xogo moi divertido e moi bo para a súa aprendizaxe. 

Día del trabajo oficios y profesiones adivinanzas





BIBLIOTECA :
Rozalen Yo voy conmigo

Rozalen nos conta un conto no que imos descubrir a importancia de ser nós mesmos sempre, traballemos no que traballemos ou esteamos con quen sexa.

Proposta:
Poñerse diante do espello e debuxarse mirándose.
Cada un vai facer o que poida según a súa madurez, todos os debuxos son importantes.
Ao rematar decímoslles que nos expliquen o que fixeron, seguro que o que vemos coma un borrancho ten sentido. Escoitadeos.  
O máis importante, que os fagan eles sós. Gardadeo e  facede esta actividade por exemplo unha vez ao mes, veredes como van evolucionando, disfrutadeo.  

Ata mañan!!!!!