jueves, junio 11, 2020

DIARIO EN FAMILIA, XOVES 11 DE XUÑO

  Bos días chicas e chicos !! 

     O lobo e os seus amigos, agora, xa coñecen moi ben as medidas de precaución que teñen que tomar para evitar a pandemia. Así que Ricitos, que é unha nena moi lista propuxo a Carapuchiña Vermella que podían facer unha obra de teatro de sombras. Carapuchiña falou co gato, co coello, ca ardilla e cos porcos e todos dicidiron que o protagonista fose o lobo.
    Puxéronse mans á obra, e empregando unha caixa de cartón que tiñan pola casa , fixéronlle un burato como se fose un televisor. Despois colleron una saba branca e tapárono. Por detrás enfocaron cunha lanterna, e todos os personaxes fixeron a representación. 
   Fixeron o primer ensaio . Están un pouco nerviosos ! Mirade o vídeo do ensaio:
https://drive.google.com/file/d/10ZD7QbbUUE0Ow-cqj6eUa4QwiZKDH1E4/view

                            

PROPOSTA DO CONTO

     Como xa dixen, a proposta é representar o conto nun teatro de sombras e cada un pode facer o seu propio guión e elixir os personaxes que lle apeteza.
     Para iso , déixovos as fotos de todos os "actores" , para que os fagades en cartolina ou papel pintado, e teredes que pegarlles  por detrás un pauciño dun xeado .
   Gustaríame moito ver  o voso teatro!










O NOSO DIARIO

   Seguimos contando cousas interesantes cada día. Imaxinade que chulo será, ler ou escoitar  no Nadal, por exemplo, o que fixemos no verán, recordando a quen vimos, con quen xogamos, aquilo tan divertido que fixemos....Será como volver a desfrutalo!
   Aquí están os de hoxe:

Xavi,

Alex

Alexander
Yonatan
Xulián
Evelyn

Julia

Maica

Ademais, Xulián moi concienciado con esta situación, lanzouse a facer a súa propia mascarilla, reciclando unha camiseta. Bravo !!


GALERÍA DE IMAXES

Xavi fixo a tarefa de plástica que consistía nun futbolín reciclando unha caixa de zapatos. Mirade que chula lle quedou.

 E aquí vemos como xogan o CF Vs FC Barcelona no Estadio Municipal de Pasarón!!  




Julia recollendo os amorodos da súa propia horta:



Xulián fixo un colgante cunha cuncha moi bonito:




No hay comentarios: