viernes, mayo 29, 2020

TAREFAS PRIMARIA VENRES, 29 MAIO

Bos días, miñas donas e meus cabaleiros!!

         Chega a fin de semana!! Bennnnnnn!  E ademáis con estes días tan estupendos de calor, desfrutamos aínda moito máis. E falando de calor, que cousa tan refrescante é comer sandía. Ten moitas propiedades como veredes aquí, ata incluso é beneficiosa para a “Operación Bikini”. Que é iso da operación bikini? Investigadeo!!
  

     Deixovos tamén unha adiviña para que a aprendades e practiquedes.

      E por último, mirade que cousas tan bonitas se pode facer cortando unha sandía!



        Hoxe o encargado é.... cha,chánnnn... Don ALEX, que acompaña a súa data co seu doce sorriso, tendo como fondo dous globos do mundo, a xogo coa toalla. E moi interesante ter sempre o mundo ao noso carón, e Alex a falta dun, ten dous!!


Esta é a quenda para a semana seguinte:

LUNS 1
MARTES 2
MÉRCORES 3
XOVES 4
VENRES 5
XULIÁN
EVELYN
SANDRA
ALEXANDER
MATEO


Imos aló, meus valentes!!

LINGUA 1º e 2º
   Traballaremos unha historia espacial, vendo e escoitando, para traballar os días da semana en relación cos planetas. A que soa moi interesante?
   E volveremos a repasar a lectura dunha noticia dun xornal.




MATEMÁTICAS- RAZONAMENTO LÓXICO 1º E 2º

   Como é habitual, traballaremos as mate con pasatempos, que lembro que tamén poderemos facer durante a fin de semana, cando nos apeteza.





   


CIENCIAS SOCIAIS 1º E 2º
    Aproveitando que vimos en lingua os planetas, imos saber un pouquiño máis sobre iso. Así que primeiro veremos este vídeo:



E os que poidades, tendes aquí dous xogos divertidos para practicar:
Premede nos nomes seguintes para xogar:



Ademais, poño esta sinxela actividade:


BIBLIOTECA


   Lembrade, é venres e nos toca ir á biblioteca a recoller un libro.
   A ver como ides de memoria... a quen lle dedicamos este ano “O Día das Letras Galegas”?....
Sobre ese escritor, os Bolechas, fixeron un libro adaptado para nenos e nenas da súa novela “Scorpio”. É curto pero moi ameno, e púxenlle unha música moi chula, xa veredes como vos gusta!

Premede enriba do título para ver o libro:

Boa fin de semana!!


No hay comentarios: