jueves, mayo 14, 2020

TALLER DE PLÁSTICA



   Antes desta pandemia, na casa tiñamos moitas cousas que despois de dous meses, foron esgotándose y tivemos que apañarnos aproveitando o que tiñamos á man.
          Isto non é de agora, porque hai moitos anos, a xente non tiña tantos recursos como  porque non existía a industria como agora a coñecemos, e polo tanto, tiñan que usar a súa imaxinación.
         Así que ides ver o que podemos construír, simplemente empregando unha palliña de beber e unha tesoira para facerlle o corte preciso e fabricar un instrumento musical.
        Este é o vídeo. A ver se damos un concerto!! 



No hay comentarios: