domingo, septiembre 25, 2016

HORTA ECOLÓXICA E ALIMENTACIÓN

COLLEITA

Comezamos  este curso o traballo na horta, colleitando o que plantamos o curso pasado:
cenouras, remolacha, tomates cherry, espinaca...
Tódolos xoves traballaremos na horta!!!!
Preparamos unha saborosa ensalada:


 Tamén coloreamos auga con remolacha para facer as botellas de calma:
Grazas a todas as nais que colaborades no traballo da horta.
Grazas especiais a Nonon pola súa colaboración e compromiso.
Sen vos, non sería posible este traballo tan importante na formación na acción do noso alumnado.



domingo, septiembre 11, 2016

BENVIDA AO CURSO 2016-2017

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2016-17

Coidamos que coa colaboración e compromiso de toda a  Comunidade Escolar este vai ser un excelente curso cheo de respecto,emoción e aprendizaxes para todos/as. 

Comezamos o Luns 12 de Setembro ás 9 da mañan cunha presentación do curso e agarimosa  acollida dos novos/as alumnos/as e as súas familias.


Pregamos:
Puntualidade
Amabilidade e respecto ao aparcar.

Lembrade:
Temos  elevadores  e cadeiras para o coche por se vos esquecedes.
Se precisades que o/a neno/a queden na escola ás 8:45, cada semana hai una mestra de garda.

Se os nenos/as DURMEN E ALMORZAN BEN poderán aprender mellor. 




viernes, abril 01, 2016

O XORNAL NA ESCOLA


Para traballar o xornal en Educación Infantil, utilizamos "El lobo ha vuelto". Ed.Corimbo
Para traballar en 1º e 2º de Primaria utilizamos "que podo facer eu?"Ed. OQO
Despois de ver que tipos de noticias podemos ver nun xornal, as súas sección,etc, limos: que podo facer eu? Logo pensaron nos inmigrantes as portas de Europa  e a enorme tristeza e impotencia que nos produce. Este libro deixounos una mensaxe de esperanza :nós sempre podemos facer algo á nosa medida por facer un mundo mellor !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

miércoles, febrero 03, 2016

CONTOS POLA PAZ / CARBALLO CON BOTAS




Anxo Moure, un vello amigo do noso colexio que había tempo que non nos visitaba, pescou para nós coa axuda de Sarela no seu batuxo do río Miño contos pola Paz que nos falan de que a Paz, non é cousa dun Día, é cousa de tódolos días. A Paz ten que ver co respecto polo Medio Ambiente, co repecto polo noso, co respecto por nós mesmos.
Presentounos as Xacias, sereas dos ríos que choran coa contaminación e que nos acariñan para que os coidemos e respectemos.
Tamén saudou ao noso carballo.
Grazas Carballo con Botas, vémonos no Salón do Libro.

viernes, enero 29, 2016

DÍA DA PAZ / KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE

 Un ano máis participamos na proposta de Save the Children.
Os nenos e nenas correndo  este circuito solidario, consiguen reunir unha axuda para os nenos e nenas que por ter nacido en outros lugares non teñen tanta sorte como eles.
Aprendemos o que é solidaridade co noso esforzó e ilusión. 




viernes, diciembre 18, 2015

O APALPADOR VISITA Á ESCOLA

 Coa colaboración dos pais e nais, merendaron chocolate con churros e deliciosos doces caseiros. Celebramos os aniversarios do 1º trimestre.
 
Como ven sendo habitual nos últimos anos, o Apalpador veunos facer unha visita na Festa de Nadal cargado de sorpresas para os nenos e nenas.

domingo, octubre 18, 2015

Charlamos sobre educar hoxe

Martes 20 de Outubro, de 17:00 a 18:30 na escola.
Charlamos con José Mª García Janeiro, psicólogo, sobre como educar hoxe.
Os nenos e nenas cuxos pais/nais participen na charla,
poderán estar na Biblioteca do colexio.
Animámosvos a participar seguro que será interesante.



viernes, octubre 16, 2015

Probamos froita do Areeiro





-O obxectivo desta actividade é darlles a oportunidade de coñecer froitas pouco habituais nun clima festivo para asociar o consumo de froita como algo tan bo como unha lambetada.
-Crear o hábito de probar diferentes alimentos que podemos incorporar á nosa dieta.
-Darlles a coñecer a areeiro como un lugar onde investigan sobre estas froitas e a súa incorporación as nosas plantacións.



https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/FroitasAreeiro?authkey=Gv1sRgCNXgjqDGiLaXHQ

martes, septiembre 01, 2015

Benvidos ao curso 2015-16

   Xa estamos na escola traballando para  que os nenos e nenas podan comezar as aulas o 10 se Setembro ás 9 da mañan.
   Para calquera consulta pasade polo colexio de 13 a 14 horas, senón podedes a esa hora, chamade ao colexio: 986879336 ou poñédevos en contacto no email: eei.verducido@edu.xunta.es
Grazas

domingo, junio 28, 2015

APRENDEMOS A CONVIVIR / ASEMBLEA DA ESCOLA

Actividade:  Asemblea xeral da escola.
Plan de Convivencia 

Tódolos Mércores ao acabar o recreo e antes de ir á horta, reunímonos en Asemblea Xeral da Escola.
Nenos e nenas entre 3 e 7 anos. 
Dende o primeiro momento participamos todos/as os alumnos/as e as mestras e todos saben que este é o momento no que podemos expoñer os nosos problemas pero tamén as suxerencias que teñamos  e tamén compartir as boas experiencias. 
- Para tomar a palabra todos sabemos que temos que expoñer os problemas que temos ou o que nos molesta sen dar nomes. ( seguro que o que o fixo xa o sabe e non queremos acusar públicamente senón buscar solucións e reflexión ).
Chama moito a atención como dende o primeiro momento, os pequenos/as de 3 anos sentan  caladiños percibindo que imos facer algo importante. Pero o que de verdade impresiona e ver como cando un pequecho toma a palabra e ainda non ten moito que ver a súa intervención todos o escoitan en silencio, con respeto e tranquilamente pasamos a outra cousa coa axuda das mestras que lle agradecen  a súa intervención.
A seguinte vez, a non moito tardar, estes pequenos empezan a intervir sabendo xa de que tratamos nesta reunión. 
- As mestras intentamos intervir o menos posible, simplemente dando a palabra e conducindo discretamente: - Que vos parece esto?, que deberiamos facer ? actuou ben? que máis podería ter feito?

Falan con gran espontaneidade e a realidade é que sempre resolven os conflitos, que por suposto os hai, pero o ambiente xeral é de respeto e tranquilidade nas relacións.
Eles mesmos cando alguén non cumpre algunha norma das que acordaron na Asemblea, recórdanllo e cos pequenos/as teñen paciencia porque "ainda non saben as normas"
Observamos que cumpren moi ben as normas que eles mesmos poñen:
- Non se poden tirar os xoguetes polo aire.
-Non se pode tirar area aos compañeiros/as.
-Se alguén desfai o traballo dun compañeiro ainda que fora sen querer, ten que axudalo a volver facer......etc. etc. 

Obxectivos:

Funcionamento democrático da escola.
Participar na elaboración das normas de convivencia: no patio, nas clases , na biblioteca.
Expoñer os seus problemas
Expoñer as súas propostas.
Falar do que sinten, o que lles gusta o que non lles gusta. O que lles gustaría.
Saber escoitar.
Ser capaces de acepta-las criticas
Saber facer criticas das situacións que lle molestan ,non das persoas
Ser capaz de expresa-las súas queixas sen agresión.
Ser capaz de propoñer alternativas das situacións que non lle gustan
Ser capaz de emplear un ton de voz axeitado.
Ser capaz de respecta-la quenda de palabra. Falar cando lle toca.

Nas aulas de Infantil dende o comezo do curso, ao mesmo tempo traballamos:
-A cohesión do grupo.Todos somos importantes e imprescindibles no grupo. Sentímonos queridos e aceptados. Sentímonos escoitados. A todos nos importa o que lle pasa a cada un. 
-A identificación e expresión dos seus sentimentos e emocións:
Cada día, ao rematar a xornada, o/a encargado/a, fai unha valoración de como foi o seu día.Aprenden así a expresarse para poder resolver os seus problemas. 
-As palabras máxicas que abren a porta da relación cos demais: por favor, sinto....
-A resolver os problemas eles mesmos falando cos compañeiros/as.

Deste xeito ao pouco de comezar na escola, os nenos e nenas participan activamente nesta asemblea. 

Todo esto contribúe a que o clima xeral é moi relaxado e agradable e vemos como pouco a pouco aprenden a relacionarse de maneira axeitada e a resolver os problemas eles mesmos dialogando.
É moi importante manexar axeitadamente dende o primeiro momento da socialización dos nenos e nenas as habilidades sociais. Iniciámolos o antes posible no manexo destas ferramentas pois deste xeito poderán aprender felices e tranquilos.

Esto refléxase nos seus xogos no patio. Comparten xogos grandes e pequenos. Colaboran e cooperan en proxectos que duran varios días.  


https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/Patio?authkey=Gv1sRgCKWLr5TK16LJcA
Coidamos que a axeitada socialización  é un dos máis importantes obxectivos da escola na actualidade.
Asi, co acompañamento  teórico dos nosos referentes: Ainscow, Summerhill, Paulo Freire, Goleman...as mestras investigamos e aprendemos como axudarlles a facelo o mellor posible. 

viernes, junio 19, 2015

O Espantallo da Horta

Un grupo de nais e pais preparou o martes 9 pola tarde unha sorpresa: un espantallo para a horta.  
Gracias!!!!!!

Animadevos a facer divertidos espantallos para as vosas hortas e enviade as fotos ao correo do colexio: eei.verducido@edu.xunta.es . Animade tamén aos veciños, familiares, amigos....
Queremos que Verducido teña os espantallos máis divertidos....
En Setembro, ao comezar o curso, faremos unha exposición coas fotos de todos os  espantallos.


https://www.youtube.com/watch?v=8CMHWQwn0AM

miércoles, junio 17, 2015

FESTA FIN DE CURSO

Todos os anos, a ANPA do colexio, prepara unha estupenda festa fin de curso.
Como sempre, tamén están convidados os nenos e nenas que comezan o próximo curso.

MERENDOLA PARA DESPEDIR A HORTA


Merendola para despedírmonos da horta por este curso. 
Pan con tetilla e tomate e todas as súas variantes, torta de cabaza e ameixas recén collidas da árbore. 
Pan e torta feitos na casa.
Que rico!, que ben sabe!. Auténticos gourmets. 
Aprenden a comer.
Gracias por esta experiencia.

https://www.youtube.com/watch?v=SqBqSYNMqHQ&list=RDSqBqSYNMqHQ#t=0

PARABÉNS

Xa estamos preparando todo para celebrar o venres 19 á mañan, a partires das 11, a Festa dos aniversarios do 3º trimestre

HERBAS DE SAN XOAN

A NOITE DE SAN XOÁN
Esta noite máxica desde os tempos máis remotos, e que coincide coa celebración do solsticio de verán ( a noite máis curta do ano), ten na nosa terra características moi especiais.
É  a noite do lume, das lumeiradas, fogueiras,cachelas ou cacharelas; da auga, reviven as propiedadesdas fontes santas e milagreiras; e tamén do mundo vexetal.
Esta noite as plantas acadan o mellor das súas propiedades curativas e máxicas. Por iso, recóllense para poñelas nun caldeiro con auga ( mellor de 7 fontes). Alí teñen que quedar ao orballo da noite e pola mañan tódolos membros da casa, lávanse con esta auga milagreira.
Algunhas herbas varían segundo a zona, pero estas 7 aparecen en todas elas.

Cualidades básicas que teñen que cumplir:
-Teñen un cheiro especial
-Teñen algunha aplicación como mediciña
-Son as mellores como repudio dos seres maléficos.

Asi pois, imos cumprir coa tradición e facer un bo cacho.

" Dime rapaza bonita
Con que te lavas o pelo?
Cunhas herbas do monte
Qué fío chaman tromentelo"


miércoles, junio 10, 2015

Visita ao Circuito de Educación Vial da Policia Local en Mollabao


Hoxe os alumnos/as de  1º e 2º de Primaria e 6º de Infantil, vistaron este circuito . Os primeiros, para practicar o aprendido nas sesións teoricas que tiveron na escola sobre como circular. Para os de Infantil, foi o seu día de integración en Primaria.  Para todos, resultou moi bo.

Sorpresa!!!!



Hoxe a nai de David, trouxo ameixas e pexegos da casa.
Que ben saben!!!!!! decían
_ Colleunos miña nai na casa da avoa.
Xa merendaran pero sentoulles moi ben como sobremesa. Estes chicos e chicas saben apreciar as cousas boas.