miércoles, noviembre 19, 2014

DEREITOS DA INFANCIA

Os debuxos dos nosos compañeiros/as  de 1º de Primaria:
Zaira Boga Dios
Marcos Goldar Portela
Aroa rey Dios 
foron seleccionados para participar nunha exposición que co gallo da celebración do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, se vai celebrar na Facultade de Ciencias da Educación e Deporte.

Estamos todos convidados a visitar esta exposición a partires de mañan.
Máis información neste enlace:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2014/11/18/cubo-reivindicar-derechos-nino/0003_201411P18C2993.htm

martes, noviembre 18, 2014

MISTERIO NA HORTA

A Biblioteca acompaña o noso traballo na horta.
Este libro fixo as delicias dos nenos e nenas.
Víronse reflexados no neno que sae á horta coa súa lupa
disposto a investigalo todo.

viernes, junio 20, 2014

SORPRESA FESTA FIN DE CURSO

A nai de Diego, ensínoulle a un grupo de nais e pais a preparar o conto " Sopa verde"en Teatro de Sombras.
O público disfrutou e os que o fixeron doblemente, facendoo e vendo o éxito da súa representación.



martes, junio 17, 2014

viernes, mayo 16, 2014

DALLE A LINGUA


Nas vacacións de Semana Santa, os nenos/as recolleron entre as súas familias, refráns, ditos, adiviñas, cantigas.... sobre a horta.

Con todo isto, imos facer un Libro da Hortan no que tamén reflectiremos o traballo na horta do noso colexio.

Atopamos de moita utilidade os consellos sobre cando, como e onde sementar que nos transmiten estas narracións orais que recollemos, pensamos que é necesario que a transmisión continue e que os nosos alumnos sexan depositarios celosos gardas e orgullosos transmisores desta sabiduría popular.

Escollemos algúns para compartilos na radio no programa de Onda Cero.



Esta é unha actividade proposta polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, consiste en que persoal de Onda cero, desprázase aos centro a gravar aos nenos /as para un programa semanal que se emite de 11:50 a 12:00 do luns 2 de Xuño ata o venres 6. Podedelo escoitar en directo: na radio no 103.6 fm.











martes, mayo 06, 2014

EDUCACIÓN VIAL

Ao longo do curso, a Policia Local  visitounos na escola para apoiar o traballo de Educación Vial  e contarlle aos nenos e nenas como comportarse como peóns e cando circulan en bicicleta.
Hoxe acudimos ao circuito de Educación Vial en Mollabao para poñer en práctica os seus coñecementos. Aprendemos na acción.

miércoles, abril 23, 2014

DÍA DO LIBRO 2014

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/DIADOLIBRO2014#


Os libros son importantísimos na nosa escola.
As familias sábeno e para celebrar este día, a  ANPA  agasallou aos nenos/as cun libro, eles a cambio dixéronlles porque lles gustan os libros e a lectura.

viernes, abril 11, 2014

FESTA DA FROITA



As familias prepararon unha merenda especial con froitas como remmate da semana da froita que eles mesmos patrocinaron esta semana na escola.

Prepararon unha merenda que foi un pracer para todos os sentidos. Ademais de moi sorprendente e divertido. Todo elaborado con froita, tarta incluida.

Coidamos que o noso alumnado vaise aficionar a comer froita en todo tipo de ocasións. agardamos con esta actividade que relacionen a froita coa festa, que disfruten comendo froita.


martes, abril 08, 2014

CONTOS ILUSTRADOS

CONTOS ILUSTRADOS






Dentro do programa de actividades para celebrar Abril, mes dos libros, recibimos a visita de Mau e Pin, autores de Mariquiña a carteira andoriña .

Con eles, aprendemos a importancia da consonancia entre o texto e a ilustración nun conto.
Un libro é un traballo en equipo do escritor e o ilustrador. Na escola gostanos moito o traballo en equipo.
Aprendemos a debuxar á galiña e fixemos un auténtico galiñeiro con diferentes e fermosas galiñas.
Tamén coloreamos as ilustracións que nos fixeron e con todo, preparamos unha exposición para que a mediodía os pais e nais poideran comprobar que teñen uns fillos/as moi creativos, auténticos artistas.
Tamén nos asinaron e adicaron os seus libros que tiñamos na biblioteca.



Esta é unha actividade proposta pola Concellalia de Educación do Concello de Pontevedra.



Competencias:
  • Competencia cultural e artística.
  • Competencia en comunicación lingüística.







https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/ContosIlustrados#

sábado, abril 05, 2014

CURSO BÁSICO DE PRIMEIROS AUXILIOS

José Luis García Soidán, da Universidade de Vigo, Campus de Pontevedra impartiu na escola o sábado pola tarde un curso básico de primeiros auxilios moi interesante que tivo unha gran afluencia.

martes, marzo 25, 2014

"A pota que trota"


Asistimos á representación dun conto musicado:“A pota que trota” de OQO Editora, María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz : A partir do conto  baseado nunha divertida historia tradicional danesa na que unha pota vai repartindo entre os máis pobres o que lles pertence por xustiza, nace este espectáculo inédito, creado en exclusiva para o Salón do Libro.

Con María Lado como narradora, as cancións de Lucía Aldao e a música ao vivo do Seminario Permanente de Jazz.
Disfrutamos moito.


https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/APotaQueTrota#





rota#

viernes, marzo 07, 2014

INVERNO

Na escola, xa sabedes, no patio do recreo,  temos un magnífico carballo.
Pero tamén temos un bidueiro, un freixo, unha cerdeira, unha conífera...
Estamos facendo o seguimento destas árbores a longo do ano.
Saimos fóra a facerlles fotos e debuxalos cando o tempo o permite,
así podemos ir decatándonos dos cambios en cada estación.

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/Inverno#



sábado, marzo 01, 2014

ENTROIDO 2014

Este curso, estamos moi implicados coa educación vial e decidimos disfrazármonos de sinais.
Previamente, as nais e profes prepararon todo para que puideran elaborar o seu propio disfrace.
Celebrámolo con filloas, orellas e tortas de chocolate feitas polas familias para a ocasión.
Nos visitaron os entroidos e nos pintaron a cara.
Pasámolo moi ben!!!!!





https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/Entroido2014#5985878553972589730


martes, diciembre 10, 2013

EXPOSICIÓN DE XOGUETES

Data: Do 10 ao 19 de Decembro

Actividade: Cada neno/a trae á escola o seu xoguete preferido para expoñer na Biblioteca do colexio.
  • Explican aos seus compañerios/as porque elexiron ese xoguete.

Obxectivos:
  • Valorar as cousas que teñen. Nesta época os nenos /as están nerviosos pensando nos agasallos de Nadal. Con esta actividade pretendemos que valoren o que teñen e a importancia de coidar dos seus xoguetes.
  • Aprender a tomar decisións valorando pros e contras e coñecendo as consecuencias. Teñen que escoller un só xoguete para traer á exposición. Saben que o xoguete vai quedar no colexio ata o día 19. Teñen que prescindir del durante estes días.








martes, noviembre 19, 2013

Exposición de cogomelos e froitos de outono

A exposición pódese visitar na Biblioteca do colexio ata o próximo venres.
De 9 a 14 horas e o xoves de 16:00 a 17:30.
Estades todos os interesados convidados.
Podedes ver unha amplisima variedade de cogomelos,
exposición de froitos de outono e de traballos dos nenos e nenas
sobre o outono.


https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/100CASIO

O alumnado da escola recibe información sobre a importante función dos cogumelos na natureza.
Colexios da zona norte do Concello de Pontevedra, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística e a Asociación Micolóxica Brincabois achegan o mundo dos cogumelos ao seu alumnado e Comunidade Educativa en xeral.

viernes, noviembre 08, 2013

FESTA DE OUTONO

https://picasaweb.google.com/109349631551482417828/FestaDeOutono02


Celebramos na escola a Festa do outono:Samain, Magosto e Halloween .
Semellanzas e diferenzas na celebración das festas de outono nas diferentes culturas.
  • Exposición de froitas de Outono na Biblioteca do colexio.
  • Exposición de calacús decorados na biblioteca do colexio.
  • Asamos castañas.
  • Merendamos doces caseiros preparados con froitos do outono. Intercambio de receitas.
  • Sesión de contacontos: “A memoria das árbores”. Laura Otero. "Os amigos contan"
  • Maquillaxe de medo.....Paula Rey e Laura Otero.



Gracias a todos/as os que colaboraron dunha ou outra maneira para a celebración da festa. Os nosos veciños prestandonos como cada ano o asador.
Gracias as nais que fixeron doces caseiros para merendar ese día.
Estamos preparando un recetario de outono coas receitas para compartir.
Gracias a Paula e Laura por vir maquillar os nenos/as.
Gracias a Nonon polas castañas.....etc, etc
 

sábado, octubre 12, 2013

PAN DE MILLO


Migallas teatro presenta o seu libro- disco “Pan de Millo”, Editorial Kalandraka cos nenos e nenas da nosa escola no Muiño do Portovello en Verducido.



Obxectivos: Propoñémonos con esto que aprendan.

  • O proceso para facer pan de millo. ( calquera pan de feito)
  • Que o relacionen coa horta ecolóxica que temos na escola.
  • Que o relacionen coas tarfeas que nestes días se levan a cabo na aldea ( recoller o millo, esfollar, debullar....)
  • Que coñezan un muíño de auga, o único que moe aínda na parroquía, que saiban como se facía e que valoren o seu patrimonio.
  • Que valoren o patrimonio da cultura oral a través de veciños da parroquia que acordan ir moer o muíño e todo o que arredor desta actividade se facía: Pilar Torres e José Poceiro.
  • Toda a comunidade educativa aprende e educa. Implicamos á xente da parroquia na transmisión do patrimonio que lles é propio as novas xeracións a través da escola.

A escola ten que ser dinamizadora sociocultural do seu contorno.



Competencias:

  • Competencia en comunicación lingüística.
  • Competencia cultural e artística.
  • Competencia para aprender a aprender.
  • Autonomía e iniciativa persoal.

María e Carlos de Migallas Teatro, nos visitan no colexio e nos agasallan co seu libro-disco: “Pan de Millo” . Xa sabemos algunhas cancións,as cantamos con eles e probamos o rico pan de millo.

Na segunda visita axudámoslles a esfollar e debulla-lo millo.

Aprendemos a facer castelos de carozos.

Os nenos e nenas traballan arreo con grande interese e seriedade. Relacionan estas actividades cos traballos que se fan nesta época nas súas casas.

O venres imos ao muiño e sorpresa!!! temos unha gran festa no muiño dan man de Migallas Teatro. Cantamos, traballamos ( esfollamos, debullamos, moemos e peneiramos) e recuperamos forzas con pan de millo e chocolate os nenos/as e empanada e viño ( que fixeron Pepe e a súa filla) os numerosos pais/nais e amigos/as do cole que nos acompañaron e colaboraron para que viviramos unha importante experiencia de aprendizaxe significativa na escola.
 
 
Gracias a todos/as os/as  que o fixestes posible!!!!!!!!