martes, marzo 25, 2008

EDUCACIÓN PARA O CONSUMO




Pola memoria do noso traballo: " Alimentación, educación de consumidores responsabeis", acadamos un 3º premio . Continuamos traballando.

domingo, marzo 16, 2008

HORTA


A volta das vacacións xa na primavera, comezaremos os traballos na nosa horta.
Investigaremos que traballos toca facer neste tempo e que podemos plantar.

sábado, marzo 15, 2008

PARABENS



Tamén hai agasallos feitos polos compañeiros/as
Un marcapáxinas cunha sereiña !!!!

PARABENS



Celebramos os aniversarios deste trimestre con tartas e biscoitos feitos polas nais para compartir cos compañeiros/as. Merendas saudabeis para a celebración.

viernes, marzo 14, 2008

SEMANA DA PRENSA


Coidades que se pode facer unha melodía coas novas do xornal?

Despois de manexar e comparar unha chea de xornais cortamos fotografías e compuxemos a melodía das novas do día que vedes .

lunes, marzo 10, 2008

BIBLIOTECA


Tódolos luns na biblioteca, os alumnos/as de primaria, len contos e historias para os seus compañeiros/as e para os de Infantil.

sábado, marzo 01, 2008

XUNTOS APRENDEMOS TODOS


Todos temos algo que aportar.
Miguel Oliveira, o pai de Iván, ponnos ao día para poder comezar a plantar.
Beatriz Poceiro, a nai de Esteban e Carolina, deu unhas charlas moi interesantes sobre alimentación, prevención de accidentes infantis e primeiros auxilios. As charlas foron seguidas con gran interese.
GRAZAS A TODOS.

lunes, febrero 25, 2008

DEBUXANDO PALABRAS- ESCRIBINDO DEBUXOS


Seguindo as indicacións de Anxo Fariña,os que asistiron ao Obradoiro, explican aos seus compañeiros/as como facelos e todos a facer caligramas, e moi divertido e hai que poñer en xogo moitas ferramentas imaxinativas para conseguir estes resulatados:

sábado, febrero 23, 2008

" O LADRÓN DE PALABRAS"



Hoxe no Pazo de Cultura xunto cos compañeiros/as do cole de Lérez, asistimos ao Obradoiro presentación do libro de Anxo Fariña. Debuxamos con palabras!!!!

viernes, febrero 22, 2008

"Hai un lugar no mundo máxico de cada día que se chama Verducido e,
en Verducido hai unha escola soleada, e na escola soleada hai nenas e nenos
que usan os lápis ata que se fan case pulgas.
Un minuto antes de se converter en pulgas de todo, os deixan sobre a mesa;
e como aínda non son pulgas de todo e non brincan, a mestra gárdaos facilmente.
Pero como, anque non son pulgas de todo, se son algo pulgas,comezan a picar.
E a quen pica un lapis que é pulga?
Pois á imaxinación!...
E a pouco que rañemos na imaxinación, que sae?
Un conto!
Un conto como este que tendes nas mans, por exemplo, e que é un conto de verdade,
porque de verdade hai no mundo máxico de cada día ese lugar que se chama Verducido,
e en Verducido esa escola soleada, e nesa escola soleada nenas e nenos que usan os lapiseiros ata que seconverten case en pulgas, e esas nenas e eses nenos teñen unha mestra que guarda os pulgalápis con agarimo un minuto antes de que se perdan brincando..."

Los Navegantes del Palomar
Prólogo ao Libro editado pola escola de Verducido:
" Vida dun lapis"

OBRADOIRO





viernes, febrero 01, 2008

SALÓN DO LIBRO



Visitamos o Salón do Libro, onde nos reencontramos co noso traballo: "A colleita do mar".
A colleita foron unha ducia de contos individuais e colectivos e un libro que recolle as experiencias que vivimos no proceso deste traballo sobre o mar que se desenvolveu durante o 1º trimestre en tódalas aulas.

domingo, enero 27, 2008

SALÓN DO LIBRO

Participamos na inauguración do Salón do Libro.
As nosas compañeiras Laura e Candela ( na foto) e Isabel, recitaron uns poemas en representación do colexio.