COIDA A TERRA:
-Recoñecer que aínda que unha billa perda só unhas pingas pode malgastar moita auga en pouco tempo.
-Explicar que hai auga debaixo da terra que usamos para beber.
-Explicar que é o que pode ocorrer cando os seres humanos sacamos demasiada auga en pouco tempo da terra.
-Explicar que os líquidos que tiramos ao chan poden chegar a auga que usamos para beber/ regar/fregar.
-Mostrar que as raíces das plantas absorven os líquidos en que estan mergullados e transfiren estes líquidos ás súas follas.
-Explicar que cando chove os campos sen árbores nin vexetación perden máis terra que os campos con eles.
-Identificar métodos de aforro de auga.
jueves, marzo 01, 2007
miércoles, febrero 07, 2007
A VIAXE DAS BOLBORETAS
lunes, febrero 05, 2007
ENTROIDO
viernes, febrero 02, 2007
jueves, febrero 01, 2007
ACTIVIDADES FEBREIRO

E.E.I. VERDUCIDO
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
FEBREIRO 2007
VENRES 2: DE 5 A 8 DA TARDE.
OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS:NORMATIVA FAMILIAR.
TEMOS GARDERÍA PARA OS NENOS/AS.
SALÓN DO LIBRO:
MÉRCORES 7 . ás 12 vannos visitar no colexio
Paula Carbonel, autora de “A viaxe das Bolboretas”
Eva Mejuto autora de “Corre, corre cabaciña”. Da editorial OQO.
VENRES 9. IMOS VISITAR O SALÓN DO LIBRO.
MARTES 13. Ás 12:00,6ª ASEMBLEA XERAL DA ESCOLA.
VENRES 16. FESTA DE ENTROIDO NA ESCOLA.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
FEBREIRO 2007
VENRES 2: DE 5 A 8 DA TARDE.
OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS:NORMATIVA FAMILIAR.
TEMOS GARDERÍA PARA OS NENOS/AS.
SALÓN DO LIBRO:
MÉRCORES 7 . ás 12 vannos visitar no colexio
Paula Carbonel, autora de “A viaxe das Bolboretas”
Eva Mejuto autora de “Corre, corre cabaciña”. Da editorial OQO.
VENRES 9. IMOS VISITAR O SALÓN DO LIBRO.
MARTES 13. Ás 12:00,6ª ASEMBLEA XERAL DA ESCOLA.
VENRES 16. FESTA DE ENTROIDO NA ESCOLA.
DISFRAZÁMONOS DE PALLASOS.
19, 20,21 DE FEBREIRO ENTROIDO. NON HAI CLASES.
VENRES 23 : OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS. DE 5 A 8 DA TARDE.
19, 20,21 DE FEBREIRO ENTROIDO. NON HAI CLASES.
VENRES 23 : OBRADOIRO PARA NAIS E PAIS. DE 5 A 8 DA TARDE.
TEMOS GARDERÍA PARA NENOS/AS.
martes, enero 30, 2007
viernes, diciembre 22, 2006
FESTA DE NADAL
IDEAS PARA NADAL

E.E.I. VERDUCIDO
BOAS IDEAS PARA NADAL
-SÁBADO 23 ás 5. CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE XEVE. ENTRADA LIBRE.
-OBRADOIRO FALANDO EN VERDE. NO TELECLUBE DE XEVE. FAINO MANOLO DE VENTOS.
2 e 4 DE XANEIRO DE 16:30 A 19:00
3 DE XANEIRO DE 11 a 13:30
TELÉFONO 986863157. GRATUITO.
-EXPOSICIÓN NO PAZO DE MUGARTEGUI. Praza da Pedreira. ENTRADA LIBRE. “ O MUNDO NA TUA CABEZA.QUE SABEMOS DELA E COMO NOLO CONTARON?”
- NO CINE ESTAN POÑENDO A PELICULA “ PÉREZ EL RATONCITO DE TUS SUEÑOS”
-EXPOSICIÓN EN CAIXANOVA: “ VIDA E MORTE NO ANTIGUO EXIPTO: DA ARTE FARAÓNICA AO FARO DE ALEXANDRÍA”.
- LEMBRADE QUE OS LIBROS SON UN BO AGASALLO PARA O NADAL E PARA SEMPRE… AOS PEQUENOS ENCANTALLES “ COCORICO” E “CHOCOLATA” DA EDITORIAL OQO. ADEMAIS AO MELLOR O PRÓXIMO ANO VEN A AUTORA AO COLEXIO E PODERÍALLO ASINAR. PEDIDE CONSELLO AOS LIBREIROS…E AOS PROFES.
AS MESTRAS/OS DESEXAMOSVOS BO NADAL!!!!
lunes, diciembre 04, 2006
BIBLIOTECA
miércoles, noviembre 29, 2006
CONSELLO ESCOLAR

A composición do Consello Escolar tra-las eleccións do pasado 24 de Novembro é a seguinte:
Presidenta:
Raquel Mera Dios
Mestras:
Mercedes Barbosa Couceiro
Mª Pilar Martínez Soto
Representantes das nais/pais:
Alfonso Gutiérrez-Maturana Camañes
Paula Rey Pazos
Representante do Concello:
Miguel A. Vázquez Plaza
Xa sabedes a quen podedes dirixir as vosas suxerencias, ideas, queixas....
Agradecemos a entusiasta participación da representante das nais/pais sainte: Helena GarcíaRodríguez
domingo, junio 11, 2006
sábado, junio 10, 2006
EXCURSIÓN DA ANPA Á CORUÑA
jueves, junio 08, 2006
INTERCAMBIO CEI CAMPELO



Gracias á colaboración dun grupo de nais e pais,foi posible que esta convivencia resultara un éxito.


Grandes e pequenos fixeron o camiño enteiro sen problemas.

INTERCAMBIO E.E.I. VERDUCIDO – C.E.I.CAMPELO –CAIXANOVA
DATA: XOVES 8 DE XUÑO
PROGRAMA :
_ Os nosos invitados, chegan ás 10.
Emprendemos o camiño cara ao encoro. Deberán levar unha gorra e unha botelliña de auga ou cantimplora.
- Xogos.
_Ás 13:00 horas estaremos nas mesas para xantar.:
Empanada de bonito e bocadillos de xamón asado.De postre Iogur de chocolate.
_Ás 3 da tarde ven o autobús a recoller aos nosos invitados e nós tamén marchamos para casa. Recollédelos no encoro.
Para poder levar adiante esta programación contamos coa imprescindible colaboración dun grupo de nais e pais que nos axudarán a poñerlle a comida o día do intercambio. .
Con este intercambio pretendemos:
-Facilita-la relación e a convivencia das comunidades escolares de distintos contornos, rural de interior e mariñeiro.
O martes 13 iremos nós a pasar o día con eles á praia de Lourido.
martes, junio 06, 2006
O ESPANTALLO
SEMENTAMO-LO MILLO


Como tódolos anos por esta época, sementamo-lo millo e as cabazas na nosa pequena horta. Gracias a colaboración dos nosos veciños coma sempre: Pepe, Jose e Patricia limparon e labraron pese as dificultades , Celia puxo o abono na finca. Este ano esperamos a semantar o día que nos visitaron os compañeiros de Froebel. Os pequenos de infantil adicaronse a semantar axudados polos seus compañeiros maiores. Marcos estaba moi contento porqu él quería sementar o millo e na súa casa lle dixeran que os nenos non podían. Menos mal que na escola si o poido facer. Anabel xa tiña experiencia pois fora axudar a súa nai e contounos que había que poñer poucos grans de millo, unha cabaza e despois tapar...
jueves, junio 01, 2006
PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Durante o mes de Xuño, nos recreos, veñen os pequenos/as que van entrar na escola no mes de Setembro de maneira que teñan un primeiro contacto placentero coa escola,mestras e compañeiros/as.
O martes 6 de Xuño van ao colexio de Lérez, os nenos/as que pasan a 3º. Esta experiencia vailles permitir ter idea de como e o colexio onde van ir para o vindeiro curso e estar máis tranquilos durante o verán de cara a este cambio.
O martes 6 de Xuño van ao colexio de Lérez, os nenos/as que pasan a 3º. Esta experiencia vailles permitir ter idea de como e o colexio onde van ir para o vindeiro curso e estar máis tranquilos durante o verán de cara a este cambio.
martes, mayo 30, 2006
VISITA Á BIBLIOTECA DE XEVE
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























