ADAPTACIÓN
O período de adaptación, parécenos un tempo moi sensible para mestras, familias e nenos e nenas, tanto os que se incorporarán á escola como os que xa están.
Parécenos un quebracabezas no que non se poden forzar as pezas, teñen que encaixar suavemente, buscar o seu lugar.
- Comezamos no mes de Marzo dando a posibilidade as familias de vir á escola cos nen@s os martes á tarde á Biblioteca. Convivimos e coñecémonos neste espazo e neste tempo de maneira máis informal.
- No mes de Xuño, poden vir na hora do recreo para que coñezan a todos os nenos e nenas da escola nunha situación máis escolar pero na compaña da súa familia.
- Antes de rematarmos o curso temos unha reunión coas familias dos nenos e nenas que van comezar o curso en setembro.
Este curso, como se incorporarán a un aula mixta de 3 e 4 anos consideramos interesante facer esta actividade para o mellor encaixe dos dous grupos:
Actividade: MERENDAMOS
FIGURAS GEOMETRICAS
Data:
Mércores 14 de Xuño
Actividade:
O
Mércores 14 de Xuño, os nenos e nenas de 4º de Infantil prepararon
unha merenda especial para os nenos e nenas que van comezar a vir a
escola en Setembro e que serán os seus compañeiros de aula o
vindeiro curso. Merendaron figuras xeométricas ( Con pan de molde
fixeron cadrados, triángulos, rectángulos e círculos con nocilla e
virutas de cores e con manteiga e virutas de chocolate) e brochetas
de froitas.
Viñeron
co seu mandil e gorro de cociñeiros/as.
Obxectivos:
- Está
actividade facémola:
- para
que os nenos/as de 4º de Infantil se sintan parte da adaptación dos
seus compañeiros/as e non os vexan como intrusos ou rivais
-para
que os nenos e nenas novos se sintan benvidos e teñan unha
experiencia de pasar un pouquiño de tempo agradable xa dentro da
aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario