miércoles, noviembre 07, 2012

XORNADA DE CONVIVENCIA

SABADO 17 : Festa do Outono no Pontillón.

Celebraremos unha xornada de convivencia da Comunidade Escolar á que están convidados tamén antigos mestres/as do colexio e ex alumnos/as e as súas familias.

Programa:

12:30 a 13:30. Xornada de Portas abertas na escola.

Os ex alumnos/as que queirades podedes visitar á escola. Ten cambiado moito nestes últimos anos.

Tamén poden achegarse todas aquelas persoas que non coñezan á escola e a queiran visitar.

13:30. Comida na área de recreo do Pontillón do Castro.

Cada un leva a súa comida.

Traede unhas poucas castañas picadas para asar.

16:00. Visita guiada polo paseo do encoro a cargo de monitores de Ventos “Estudios Ambientais” cos que facemos habitualmente a actividade: “Faise Camiño”.


Ao rematarmos o paseo, comeremos castañas asadas.


Avisade a quen consideredes que poida estar interesado/a



No hay comentarios: