Participantes: alumnos/as e mestras coa colaboración das nais que prepararon tortas de aniversario e convenceron ao Apalpador para visitármonos.
Organiza: Biblioteca e  ENL.   
Obxectivos:  - Recuperar a figura deste personaxe que estaba practicamente esquecido e que ten un tronco común con outras tradicións do norte de España
 ( o tió en Cataluña....) e ben seguro a mesma orixe. 
                   - Aprender a valorar e desfruta-la súa cultura. 
Durante o mes de Decembro, a Biblioteca achégalles a figura do Apalpador (personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos/as . Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas)
















